3.7.18

Audición 404. Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia


11 de xullo de 2018
Igrexa dos PP Escolapios

https://drive.google.com/open?id=1mYmviIkSIFYWmDB4p8pF6V6bpUdWnstU 



ORQUESTRA XOVE DA OSG


Desde a súa fundación no 1994 a Orquestra Xove da OSG permitiu a centos de xoves instrumentistas completar a súa formación musical participando en espectáculos operísticos e concertos sinfónicos, baixo o maxisterio de Mestres como Alberto Zedda, Dima Slobodeniouk, James Judd, Pietro Rizzo, Michael Gilbert, Víctor Pablo Pérez, James Ross, Diego García Rodríguez, José Trigueros, Krzysztof Penderecki e Joan Company entre outros.

A Orquestra Xove participou como orquestra de foso no festival Mozart de A Coruña, no que baixo a dirección de Alberto Zedda interpretou a ópera Os amores de Apolo e Dafne – cuxa edición discográfica figura no catálogo de Naxos-, compartiu escenario coa Orquestra Sinfónica de Galicia na Sinfonía nº 8 de Gustav Mahler, Pinos de Roma de Ottorino Respighi ou a Sinfonía Alpina entre outros importantes proxectos orquestrais e ofreceu concertos sinfónicos en Madrid, San Sebastián Murcia, Valencia, León, Segovia y Jerez.

Convertida xa nun dos proxectos educativos máis orixinais do panorama musical español a Orquestra Xove supón unha das poucas posibilidades reais da acercar a os futuros profesionais á práctica de seu instrumento no seo dunha orquestra sinfónica. Os xoves reciben unha completa formación a carón dos profesores instrumentistas da OSG, das innumerables clases maxistrais de grandes profesores e intérpretes – nas que participaron artistas como Midori, Stephan Dohr, Wolfgang Klos, Anne Gastinel, Geneviéve Laurenceau o Mario Brunello entre outros- e do contacto diario co atril nos tres encontros anuais de que consta cada curso nos que se abrangue un repertorio que vai desde a música barroca ata a dos nosos días.




DIRECTOR ACADÉMICO OJSG Y ONSG: Alejandro Sanz Redondo



RUBÉN GIMENO 

 


Foi Director titular da Orquestra Sinfónica do Vallés desde o 2009 ata a temporada 15/16.

Asemade exerceu a función de Director Artístico da Xove Orquestra da Sinfónica de Galicia, durante seis anos que simultaneou co posto de violinista da OSG.

Como Director invitado colaborou coa maior parte das Orquestras do país: vascas, catalanas, andaluzas, valencias, asturianas, castelano-leoneas, madrileñas,...

Fora das nosas fronteiras dirixiu a Norrkoping Symphony Orchestra, Gavle Symphony Orchestra, Orquestra de Cámara de Xinebra , Orquestra do MMCK (Xapón), Orquestra da Universidade de Maryland, SAMI Orchestra (Suecia) e a Orquestra Nacional de Colombia, colaborando con solistas da talla de Lang Lang, Midori, Violeta Urmana, Steven Isserlis Dimitri Sitkovetsky, Fazil Say, Gabriela Montero, Behzod Abduraimov,Maria Bayo, Michel Camilo

A súa actividade no campo da lírica levouno a dirixir as producións do Teatro Campoamor de Oviedo de Marina, A Gran Vía e Auga, Azucarillos e Augardente. Dirixiu Cádiz, de Chueca, xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia e A do Souto do Parral no Teatro da Zarzuela. Así mesmo desenvolve unha intensa colaboración dentro do ciclo “Ópera en Cataluña” dirixindo os Contos de Hoffmann, L’Elisir d’Amore, Nabucco, Boheme, Madama Butterfly e Goyescas, entre outros.

Os seus inicios no eido da dirección chegáronlle da man do profesor James Ross, obtendo o Master en Dirección de Orquestra na Universidade de Maryland. Con posterioridade estudou no Conservatorio de Estocolmo co afamado mestre Jorma Panula, recibindo clases de mestres como Alan Gilbert e Essa Pekka Salonen, obtendo o Diploma Superior en Dirección de Orquestra.

Gravou coa Orquestra Sinfónica de Euskadi para o selo Claves, dentro da súa serie de compositores vascos.


Primera parte

Condenación de Fausto. Marcha Húngara de Berlioz

Suite del Cascanueces de Chaikovsky
  • -Marcha
  • -Danza china
  • -Danza Rusa trepak
  • -Danza árabe
  • -Danza de los Mirlitones
  • -Vals de las flores
Bolero de Ravel



Segunda Parte

Obertura Poeta y Aldeano de Suppé

Intermezzo de Manon Lescaut de Puccini

Obertura La italiana en Argel de Rossini

Obertura 1812 de Chaikovsky



Lista de reprodución  do concerto en Monforte, 11de xullo de 2018 



Intermezzo Manon Lescaut.  Puccini


Danza Húngara. Berlioz


Suite El cascanueces. Tchaikovski


Obertura "Poeta y aldeano". Von Suppé


Tchaikovski. Obertura 1812



Rossini. Obertura de "La italiana en Argel"