4.4.19

Audición 413. Familia Moryatov. 25 ANOS

Venres 5 de abril de 2018 ás 20:15 h.
Casa da Cultura – Poeta Lois Pereiro

  

FAMILIA MORYATOV.

  A peculiaridade deste trío, creado en 1988 en San Petersburgo, reside en que os seus membros están unidos non só pola música senón tamén por lazos familiares. A agrupación deu mís de 400 concertos en España, Portugal, Rusia... Tódolos membros da familia contan con varios CDs gravados.
Valery Moryatov, o pai de familia, toca o violonchelo. Estudou no Conservatorio Estatal de San Petersburgo. Foi gañador do Concurso da URSS (1968). Desde 1974 ata 1992 foi membro por oposición da Orquestra Sinfónica do Teatro de Ópera e Ballet Mariinsky de San Petersburgo. Veu a España no 1992 despois de aprobar as oposicións para a Orquestra Sinfónica de Galicia. Actualmente é Profesor Superior no Conservatorio de Fingoi (Lugo) e Narón. Os seus alumnos lograron varios premios en distintas competicións. Realiza a súa actividade como solista no Cuarteto e Trío Moriatov; a Orquestra Solistas de Galicia e outras destacadas agrupacións de música clásica en Galicia. Dirixe o coro de Melide dende 1996.

Irina Moryatova, a nai, é a pianista. Graduouse no Conservatorio Estatal de San Petersburgo co Premio de Honor. Dende os 18 anos consagrou a súa vida á ensinanza e os seus alumnos lograron premios en moitos concursos. Deu clases maxistrais en España e Portugal. Participou en varios festivais musicais.
Como pianista, ofreceu moitos concertos como solista e de música de cámara, colabora coa Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Santiago e Amigos da Ópera. Na actualidade está considerada como unha das pianistas máis destacadas residentes na comunidade autónoma galega. Desde 2006 é profesora do Conservatorio Superior da Coruña por oposición. Fai adaptacións das obras para varias agrupacións, xa son máis de cen.

Mijail Moryatov, o fillo maior, toca o violin desde os cinco anos. Estudou na Escola Superior de Música do Conservatorio de San Petersburgo onde rematou coas máis altas cualificacións. A idade de 15 anos foi escollido para actuar como solista coa Orquestra de San Petersburgo participando en xiras por Alemaña, Lituania, Letonia e diversas cidades de Rusia. No 1992, con tan so 16 anos gaña a oposición para o Orquestra Sinfónica de Galicia. Entre 1994 e 1996 foi profesor de violín do Conservatorio de Ferrol. Foi gañador e finalista en varios concursos internacionais de corda celebrados en España entre 1996 e 1997. Entre 1996 e 1998 foi membro da Real Filharmonía de Galicia, por oposición. No 1998 creou a Orquestra de Cámara “Solistas de Galicia” da que é director. A través de “Música Clásica en Galicia“

Evgueny Moryatov, o menor dos fillos, comezou os seus estudos de violín aos catro anos, estudou en: Escola Superior do Conservatorio de San Petersburgo; Escola Superior de Música Raiña Sofía de Madrid, con J. L. García Asensio; Na Universidade de Toronto co Profesor Emérito de Canada D. Zafer, sendo concertino da Xove Orquestra de Toronto. No 2006 rematou un Masters na Universidade Carnegie Mellon (USA) baixo a tutela do Concertino da Filarmónica de Pittsburg, Andrés Cárdenes. O mesmo ano gañou un posto, entre máis de 5.500 opositores para formar parte da Orquestra da Comnidade Valenciá, cuxos directores titulares son L. Maazel e Z. Metha. Acadou primeiros e segundos postos en importantes concursos de corda celebrados en España e Canada. Deu numerosos recitais e en múltiples ocasións actuou como solista con diversas orquestras sinfónicas e directores tan ilustres como L. Maazel e Y. Menuhin. Diferentes concertos seus foron transmitidos pola radio e televisión. Ten gravados varios CDs, alguns deles con música de compositores galegos como A. Gaos e M. Quiroga. 




PROGRAMA


I



W.A. MOZART ………………………... Concerto nº 21 en Do M, 2º Mov.


S. RACHMANINOV ……………………………………..……Polka Italiana


A. GLAZUNOV …………………………. Adagio do Ballet “RAYMONDA”


I. FROLOV …………………………………………………….......La Broma


J. KERN – I. FROLOV ……………………..…O fume cega os teus ollos


G. PETERSBURSKY ………………………………………..... Sol –Sueño


G. GIMENEZ ……………………………….…….. La boda de Luis Alonso






II



G. SVIRIDOV …………………………………………..……....... Romanza


A. PIAZZOLLA ……………………………………………….… Libertango


A. PIAZZOLLA …………..………………………..….…….......... Oblivión


A. KHACHATURIAN ……..…… Danza del Sable del Ballet “GAYANÉ”


G. GERSHWIN ……………………Dúo y Final de “PORGY AND BESS”


J. RODRIGO ………………………..… Tema del Concierto de Aranjuez