Casa da cultura, martes 15 de outubro de 2013.
Tempada
2013-2014
Audición 359
Concerto nº 1
Ano LXIV
BREVE HISTORIA DO GRUPO
O
TRÍO CASSADÓ, está integrado por Yulia Petrushevskaya ( violín ),
Thomas Piel (violonchelo) e Javier Vila ( piano ). Formouse logo dunha longa amizade musical e diversos
encontros camerísticos, tanto na xeografía galega como española.
O
seu repertorio está constituido por obras “ clásicas “,
incorporando asimismo obras de compositores do século XX, que
demostran o compromiso desta formación coa música contemporánea.
YULIA
PETRUSHEVSKAYA ( VIOLÍN )
Naceu
en Kishinev
( Moldavia ). Entre os anos 1978 a 1989, realizou os seus estudos
na Escola media especial musical da sua cidade natal ( na actualidade
Liceo – internato Republicano de música “ Ciprian Porumbescu “
( K. Paraskiv ) e do ano 1989 a 1994 tivo como profesores a S.
Yaroshévich e S. Propistchan no Conservatorio Superior Estatal M. I.
Glinka de Nizhny Nóvgorod ( graduada con honores ).
De
1993 a 1995 foi Becaria do Ministerio de Cultura de Rusia. No ano
1993 foi Laureada no Noveno Concurso Nacional de Violín de Rusia.
No
ano 1995 continuou os seus estudos
coa profesora Rosa Fain na Academia de Música R. Schumann en
Dusseldorf ( Alemania ), onde obtivo no 1997 o “Diplomder
künstlrischen Abschlussprüfung “ coas máis altas cualificacións,
e en 1999 o “ Diploma de solista “.
Como
solista actuou coa Orquestra Filarmónica de Nizhny Nóvgorod,
Orquestra Filarmónica de Vorónezh, Orquestra de Cámara municipal
de Nizhny Nóvgorod, Deutsche Kammerakademie Neuss am Rhein, etc.
Dende
1995 ó 1999 é membro da Deutsche Kammerakademie Neuss, dirixida por
Johannes Goritzky. Neste tempo tocou moitos concertos en varias sáas
de Europa e América como Tivolli de Copenhagen, Ópera de Berlín,
Musikverein de Viena, Ópera de Frankfurt, etc.
Na
actualidade é profesora da Real Filharmonía de Galicia. Participa
como profesora de violín e música de cámara na Escola de Altos
Estudios Musicais.
Tamén
participa nos ciclos de abono de música de cámara da Real
Filharmonía de Galicia, formando parte dun cuarteto de corda ( 1º
violín ).
THOMAS
PIEL ( VIOLONCHELO )
Nado
en Colonia ( Alemania ) no ano 1974, comezou
os seus estudoos
musicais no conservatorio da súa
cidade natal e continuou a súa
formación na Folkwang-Musikhochschule de Essen con Christoph
Richter, onde no ano 2000 obtivo o seu
diploma con honores. Con posterioridade realizou un curso de posgrao
coa profesora Ksenija Jankovich. Recibiu tamén clases de Yvan
Chiffoleau en Lyon ( Francia ), Siegfried Palm, Thomas Demenga e no
marco do Folkwang – Festival tocou nunha clase maxistral para
Mstislav
Rostropovich. Durante os seus estudos
colaborou coa Junge Deutsche Philharmonie e a orquestra de cámara
desta institución, no Ensemble Resonanz, onde tivo a oportunidade de
traballar con músicos como Lothar Zagrosek, Rudolph Barchai, Thomas
Zehetmair, Tabea Zimmermann, David Geringas, Rainer Schmidt, David
Shallon e Tatjana Grindenko. Entre os seus numerosos concertos de
música de cámara destacan aparicións cos pianistas Vassily Lobanov
e Pascal Devoyon, coa violinista Diemuth Poppen e o chelista Dimitri
Ferschtman.
No
ano 1998 foi cofundador do Ensemble eMeX, especializado en música
contemporánea, co que ofreceu numerosos concertos por toda Europa.
Con eles tivo a posibilidade de traballar con compositores como
Nicolaus A. Huber, Sven Ingo Koch, York Hoeller, Valerio Sannicandro,
Erik Janson, Gerhard Staebler, Carola Bauckholt, María Cecilia
Villanueva e Isabel Mundry, entre outros, no estreo das súas
obras. Tamén estreou obras para violonchelo solo de Luís Antunes
Peña e Martín Schuettler.
Foi
ademais, entre 1997 e 2001, primeiro violonchelo solista da
Westphaelische Kammerphilharmonie Guetersloh, coa que interpretou no
mes de marzo de 2001 Introduktion, Thema und Variationen para
violonchelo solo e cordas de Hans Werner Henze en importantes sáas
de concertos de Alemania. No ano 2000 participou na oitava
edición da academia orquestral da Bayerischer Rundfunk baixo a
dirección de Mstislav
Rostropovich.
Dende
o ano 2001 é membro da Real Filharmonía de Galicia e forma parte de
varios grupos de cámara, entre eles Chelicia, grupo de violonchelos
de Compostela. Ademais, ensina violonchelo na Escola de Músic
Berenguela en Santiago de Compostela. A súa
labor pedagóxica abrangue tamén colaboracións coa Escola de Altos
Estudios Musicais de Galicia ( música de Cámara ) e nos cursos de
verán Música en Compostela, onde no ano 2007 sustituiu a Marçal
Cervera nas clases de violonchelo. O seu especial interese polos
grandes violonchelistas do pasado, levouno a facer recitais e
impartir conferencias sobre Gaspar Cassadó e Pau Casals. Os
seus próximos proxectos son homenaxes a Enrico Mainardi, Siegfried
Palm e Paul Tortelier.
JAVIER
VILA ALONSO ( PIANO )
Inicia
os seus estudios musicais aos
6 anos da man
do seu pai, o compositor Eligio Vila e continúa na Escola de Música
de Vilagacía de Arousa coa pianista Vladimira Smausova.
No
ano 1997 participa no International Piano Competition Carl Czerny,
sendo evaluado por personalidades coma Paul Badura-Skoda, Eugen
Indgic, Halina Czerny-Stefanska o Lazar Bermman, e obtendo o premio ó
intérprete máis xoven.
Nos
anos 1999 e 2001 fáiselle
entrega do Primeiro Premio do Concurso de Piano Real Club Náutico de
Vigo nas categorías Infantil e
Xuvenil respectivamente. Actúa con regularidade nos Ciclos para
Xóvenes Intérpretes en Vigo, Marín e Vilagarcía de Arousa.
No
ano 2003 estrea e grava
en directo para a Radio Galega a obra composta por Eligio Vila “
Rondó Brillante “ no Museu de Belas Artes da Coruña durante o XI
Ciclo da “Asociación Galega de Compositores“.
No
ano 2004 é galardoado co Premio Asociación Galega de Compositores
no I Concurso de Piano ASGAIM na Coruña. En 2006 gaña o Primeiro
Premio na categoría Xuvenil na III edición deste mesmo concurso
celebrado en Vigo.
Asiste
a cursos de interpretación pianística con mestres
de diversos países: Martín Kasik, Gregor Weichert, Brent Runnels,
Dágmar Simonkova, Alex Bukrejev, Marcela Faflak, Frantisek Malý,
Imre Rohmann, Olga Semouchina, Alexander Gold, María Jesús Crespo,
Andrés Alén ou os irmáns Bertetti.
Ofreceu
recitais nos “ Martes Musicais “ do Conservatorio Profesional de
Pontevedra, no Auditorio de Vilagarcía de Arousa, no Teatro García
Barbón, no Conservatorio Superior de Vigo e no Conservatorio
Profesional de Lugo en calidade de solista e formando dúo coa
violinista Nuria Naya Riveiro nas cidades
de Vigo, Arteixo e A Coruña.
Remata
a Carreira Superior de Piano cos profesores José Manuel Fernández e
Severino Ortíz no Conservatorio Superior de Música de Vigo coa
cualificación
de Matrícula de Honra.
Actúa
para a 1 de TVE e para a Radio Galega gravando
para esta
última a Tarantella de F. Liszt.
PROGRAMA
PRIMEIRA
PARTE
Wolfgang Amadeus Mozart: Trío en si bemol maior, KV 502
1. Allegro
2. Larghetto
3. Allegretto
Gaspar Cassadó: Trío en do maior
1. Allegro risoluto-Allegro ma non
troppo
2. Tempo moderato e pesante-Allegro
giusto-Tempo I
3. Recitativo. Moderato ed
appassionato-Rondo (Allegro vivo)
SEGUNDA
PARTE
Johannes Brahms: Trío en do maior, op.87
1. Allegro
2. Andante con moto
3. Scherzo (Presto)
4. Finale (Allegro giocoso)
4. Finale (Allegro giocoso)