19.12.21

21-12-21 ORQUESTRA GAOS


 ATENCIÓN: O aforo e as medidas preventivas estarán en función da situación sanitaria así como as normas vixentes no momento do concerto.

Prégase a máxima prudencia e colaboración.

 
A Orquesta Gaos nace en abril de 2009 e está formada por 80 músicos de
toda Galicia, na súa maioría estudantes e profesores dos conservatorios
galegos, cos que desenvolve unha importante actividade concertística.
Desde a súa creación ofrece máis dun centenar de concertos e participan
como solistas máis dunha cincuentena de músicos galegos cunha
importante traxectoria artística, algúns dos cales xa posúen unha dilatada
carreira. Colabora co Concurso Internacional de piano “ Cidade de Ferrol”
nas súas edicións de 2009 e 2010 acompañando a fase final da competición.
En 2010 grava un CD con temas galegos orquestrados por Juan Durán xunto
á soprano Cristina Gallardo-Dômas. Organiza o I e II Ciclo de Catedrais
ofrecendo concertos nas catedrais de Galicia cun gran éxito de crítica e de
público. Desde 2011 a 2016 organiza xunto ao IBS Padre Rubinos o seu
tradicional concerto de Nadal convidando a artistas consagrados como
Ainhoa Arteta, Borja Quiza ou Celso Albelo. En 2013 ofrece unha gala lírica con Gregory Kunde e Juan Jesús Rodríguez baixo a dirección de Ramón
Tébar no marco do Festival de Amigos da Ópera da Coruña. En 2020
participa na produción de La verbena de la Paloma da Programación Lírica
da Coruña na que se inclúen dúas galas líricas con artistas da talla de
Sondra Rodvanosky, Carlos Álvarez, Simón Orfila, Alejandro Roy, Borja
Quiza, Carol García ou Vanessa Goikoetxea entre outros. Asemesmo
clausura a edición de 2021 cunha Gala Lírica con Juan Jesús Rodríguez e
María José Moreno. En novembro de 2020 participa no Festival de Ópera de
Fuerteventura como orquestra residente. Nestes anos, ademais da súa
propia tempada de concertos, tanto na Coruña como no resto da
comunidade galega, convida a importantes músicos para coidar a formación
e perfeccionamento dos seus membros, como David Grimal, violinista e
director de Lles Dissonances ou David Ethéve, violonchelo principal dá OSG.
Ademais, realiza concertos de música contemporánea, estreando obras de
novos compositores en colaboración coa asociación galega de
compositores, realiza encargos a compositores galegos, promove a
formación de diferentes agrupacións e ensembles non convencionais no seo
da propia orquestra, ademais de ofrecer concertos sinfónicos con artistas
doutros xéneros como Los Secretos ou Raphael. Fernando Briones é o
director artístico e musical do Coro e Orquesta Gaos, que conta como socio
de honor ao Mestre Cristóbal Halffter.