21.11.16

Audición 388. Entrequatre


ENTREQUATRE
Cuarteto de Guitarras + Piano

Carlos Cuanda / Carmen Cuello / Manuel Paz / Jesús Prieto 

2 de decembro ás 20:15 horas 
Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro  
https://drive.google.com/file/d/0B6XG4sapiXgTU0FsT0R1RUNmOFk/view?usp=sharing


No 1984 catro amigos guitarristas iniciaron unha actividade conxunta sen sospeitar que poidera xurdir cos anos un grupo camerístico tan orixinal e tan afianzado no panorama da nova música; neste tempo EntreQuatre inspirou a creación de novas obras para catro guitarras, chegando a estrear máis de cincuenta dos máis prestixiosos compositores nacionais e estranxeiros.
No 2009, cando celebraba os 25 anos, foi nominada aos Grammy’s Latinos a obra “4 Asimetrías” de Orlando Jacinto García interpretada polo cuarteto. Ao cumprir 30 anos, en xaneiro pasado, EntreQuatre realiza con enorme éxito a estrea do Segundo Concerto para 4 guitarras e orquestra de Flores Chaviano xunto á Sinfónica do Principado de Asturias ca dirección de Oliver Díaz.
EntreQuatre ten realizado numerosas xiras e actuado nos mellores escenarios e auditorios de Europa, Estados Unidos, Iberoamérica e mesmo en Sudáfrica e a India. Presentáronse en festivais dentro e fora do país. (Madrid, Salamanca, Santander, … Sao Paulo, Miami, Quito, etc.)
Actuaron con entidades e artistas de recoñecido prestixio: Coro Príncipe de Asturias; Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias; Orquestra Santa Cecilia de Dublín, a Orquestra Nacional Do Salvador, a Orquestra Sinfónica Cochabamba, a Orquestra Filarmónica de Montevideo e a Orquestra Metropolitana de Lisboa. No 2004 xunto co Cuarteto Latinoamericano poñen en marcha o proxecto “Terras Xuntas” (música para 4 guitarras e cuarteto de cordas) con presentacións en España, México, EEUU e Canadá, facendo por Marrocos a Xira “Veladas do Ramadán” xunto ao laudista árabe Driss El Maloumi.

ENRIQUE MORENO IGLESIAS

Nado en Madrid no 1992, inicia os seus estudos musicais no Conservatorio Joaquín Turina coa profesora Beata Monte. Continuounos coa pianista armenia Rouzam Badalia ata o seu ingreso no Conservatorio Superior de Música Eduardo Martínez Torner de Oviedo. Finalizándoos coas máximas cualificacións baixo a tutela de Mario Bernardo.
Cursou entre 2015 e 2016 o Master Universitario en Formación do Profesorado na especialidade de Música pola Universidade de Oviedo. Recibiu clases maxistrais de interpretación pianística de: Almudena Cano, Manuel Carra, José Ramón Méndez y Josep Cólom. Obtivo mención de honra no concurso Hazen Intercentros, Madrid no 2007
Desenvolve unha ampla actividade concertística, destacando o ciclo de concertos das Rotas do Románico en Pontevedra entre 2008 e 20011. Colabora co grupo de cámara, “Aula de Música Iberoamericana” da Universidade de Oviedo. Actualmente é requirido para impartir clases de piano a diferentes niveis en diversos centros educativos de Madrid, León e Asturias.

PROGRAMA

EntreQuatre, tras 30 anos de historia, pode presentar agora xunto ao gran pianista Enrique Moreno un programa integrado na súa totalidade por músicas de raíz tradicional creadas especialmente para o cuarteto por grandes nomes da creación musical latinoamericana, incorporando ese gran instrumento, o piano, que multiplica o mundo sonoro con máis cordas e outras tímbricas sen dubida sorprendentes. Iso é EntreCordas.


Flores Chaviano (Cuba 1946)………........………………..… Entrequatre (1984)
Flores Chaviano…………………...…………. Duas Cancións Asturianas (2005)
                                                                   Nana - Giraldilla de Oviedo
Miguel Matamoros (Cuba 1894-1971)………………….…….... Lágrimas Negras
                                                                   Versión de Flores Chaviano (2010)
Javier Blanco (Asturias 1977)……....……………...… Medina Fi Assahab (2009)
                                                                                         (A cidade nas nubes)
Leonardo Sánchez (Argentina 1966)……………..…..……. Sur (milonga) (2003)
Miguel del Águila (Uruguay 1957)……………….…………….…… Presto (2000)

II

Alberto Ginastera (Argentina 1916-1983)…..… Danza da moza donosa (1937) (Piano solo)
Flores Chaviano……………...…………………..........……... EntreCordas (2016)
Estrea Mundial

Todas las obras escritas o versionadas para EntreQuatre