5.5.19

Audición 414. Coro de Cámara Rías Baixas

10 de maio 2019
Casa da cultura Poeta Lois Pereiro

20:15 horas

https://drive.google.com/open?id=1ny6k6nnoF2KjdPzs5ZYsLMznGKpg4cPF



O Coro de Cámara Rías Baixas presentouse en xaneiro de 2014 en Vigo coa finalidade de suplir a carencia de formacións corais que puidesen colaborar con orquestras, bandas e grupos de cámara no sur de Galicia. A súa pretensión inicial tamén consistiu en impulsar novos solistas e servir de ferramenta a compositores noveis e consagrados da zona das Rías Baixas.
O coro xa suma máis de sesenta actuacións, tanto de xestión propia como programadas en diversos ciclos ou festivais tales como Outono Lírico, Vigo Sinfónico, Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera,  Nas Ondas, Pórtico Sonoro, Explurart, Cooltural Cambados e II Festival Groba.
Nestas actuacións foron interpretadas diversas obras fundamentais do repertorio coral en auditorios e igrexas das catro provincias galegas, tanto a cappella como con acompañamento instrumental. Mostra delas son a Petite Messe Solennelle de G. Rossini (versión para dous pianos), o Requiem en Do menor de L. Cherubini, a Music for the Funeral of Queen Mary de H. Purcell, fragmentos da Misa en Re de A. Dvorák,  a Misa da Coroación de W. A. Mozart, o Requiem en Re menor de G. Fauré ou o Requiem de W. A. Mozart. Ademais, participou nun Mesías colaborativo, na gravación do documental Corrente do Golfo co pianista Alberto Conde, e actuou nas óperas Rigoletto e Macbeth. Estreou obras como Van Comigo e a versión para orquestra de corda da cantata Anxos de Compostela de Rogelio Groba, a composición coral inspirada nas sete Cantigas de Amigo de Martín Códax realizada por Brais González, así como a obra Duns folios que foron brancos de Miguel Matamoro conxuntamente con outros coros de Galicia.
Dentro do repertorio clásico a capella, o coro ten interpretado obras de compositores que abranguen todas as épocas da historia da música, tales como Cristóbal de Morales, Tomás Luis de Victoria, Wiliam Byrd, Johann Sebastian Bach, Wolfgang Amadeus Mozart, Félix Mendelssohn, Charles Villiers Stanford e G. Forbes, entre outros. Ademais inclúe no seu repertorio obras de  compositores galegos, como por exemplo Joam Trilho (Ingemisco, Eucarística), Julio Domínguez (Ave María), D.G. Artés (Alleluia) ou Francisco Rey Rivero (Dúas cantigas de namorada).
O coro traballou ao longo destes anos con agrupacións instrumentais como a Orquestra de Cámara Galega, a Orquestra de Cámara Rías Baixas, a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Orquestra Sinfónica Vigo 430 ou a Real Filharmonía de Galicia, así como o Ensemble Vigo 430 e os grupos de metais Tuvara Brass e Brass CCRB. Ademais de actuar habitualmente baixo as ordes do seu director titular, Bruno Díaz, o coro tamén ten actuado baixo a dirección dos mestres Paul Goodwin, Rogelio Groba, Vicent Alberola, Diego García e Maximino Zumalave. A formación ven colaborando habitualmente con pianistas do talle de Alejo Amoedo e Brais González e ten acompañado a solistas como, entre outros, Luis Cansino, Olena Sloia, Fabián Lara, Pablo Carballido ou Beatriz Riobó.


A súa formación combina os estudos universitarios cos de ensinanzas superiores de música de conservatorio. Posúe o título de Máster de Teatro e Artes Escénicas (UVigo) e está a cursar estudos de Grao en Educación Primaria (UVigo). Tamén completou os títulos superiores de música en Musicoloxía (con matrícula de honra no seu traballo fin de grao sobre a ópera galega O Arame) e en Instrumentos da Música Tradicional e Popular Galega no CSMVigo, e os títulos profesionais de música en Trompeta e en Gaita no CMus Xan Viaño de Ferrol. Esta formación académica está ampliada e perfeccionada con cursos de interpretación, investigación e dirección coral.
Co Coro de Cámara Rías Baixas dirixiu, entre outras obras, a Petite Messe Solennelle de G. Rossini, o Requiem en do menor de L. Cherubini, a Music for the Funeral of Queen Mary de H. Purcell, a Misa da Coroación de W.A. Mozart, números da Misa en re maior de A. Dvorak, números do Mesías de G.F. Haendel, o Requiem en re menor de G. Fauré e a composición coral inspirada nas sete cantigas de amigo de Martín Códax realizada por Brais González. Ademais traballou con Rogelio Groba  para a preparación da cantata Anxos de Compostela de R. Groba, con Paul Goodwin na preparación do Mesías de Haendel, con Vicent Alberola para a preparación da Misa da Coroación e do Requiem de Mozart, con Maximino Zumalave para a estrea da obra Duns folios que foron brancos de Miguel Matamoro e con Diego García nas óperas Rigoletto e Macbeth organizadas por Amigos da Ópera de Vigo no Outono Lírico 2017 e 2018 respectivamente.


 
CONCERTO CORO DE CÁMARA RÍAS BAIXAS
Sociedad Filarmónica de Monforte



1ª parte

When Mary through the garden went.- Charles Villiers Stanford
Le Baylere.- Goff Richards
O nata lux.- Guy Forbes
Cantigas de Amigo.- Martín Códax/Brais González
1.- Mia Irmana Fermosa
2.- Ai Deus se sab´ora
3.- Ai ondas que eu vin
4.- Ondas do mar de Vigo
5.- Mandad´ei comigo
6.- Eno sagrado en Vigo
7.- Quantas sabedes amar

2ª parte


Requiem para Xoana de Arco.- Brais González


Pianista acompañante.- Brais González
Director.- Bruno Díaz