13.11.24

Audición 443. Concerto de Piano, Manuel Gutiérrez

20 de novembro, 20:15 horas.

Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro

Concerto de Piano. Manuel Gutiérrez.




Manuel Gutiérrez Iglesias (Ferrol, 1963)
Comeza estudos de piano aos 12 anos no Conservatorio Profesional da Coruña, que abandona para formarse como músico de Jazz. Neste ámbito, fórmase asistindo a clases particulares, clases mestras, e seminarios, con músicos como: Antonio Peña, Bill Dobbins, Dave Schietter, Barry Harris, Taller de Músicos de Madrid etc.
 

 Comeza a súa experiencia como músico de Jazz con Unión Costa Oeste e Tandem, grupos da súa cidade natal. Entre 1988 e 1993 reside en Mallorca, onde toca con Jazztá, Sausalito Jazz Band, o seu propio trío, Salvador Font Quinteto etc. Ademais, traballa como músico de sesión, frecuentemente co produtor Joan Bibiloni.

Desde 1994 reside en Galicia, onde leva a cabo infinidade de proxectos. No ámbito jazzístico, realiza gravacións e concertos con Terela Gradín, Roberto Somoza, Marcelino Galán, Marcos Pin, Paula Parker, e sobre todo co trío Sumrrá, co que ademais de gravar 7 discos, tocou en diversos países de Europa, Asia, África e América.

Ademais gravou e tocou tamén con músicos doutros ámbitos, como Víctor Aneiros, Emilio Cao, Maite Dono, Rosa Cedrón, Nastasia Zürcher, e un longo etc.

Foi dobremente premiado, con Sumrrá e con Manuel Gutiérrez Trío, pola asociación profesional de músicos de Galicia Músicas ao Vivo (Premios Martín Códax).

É tamén profesor de piano e combo en Estudo Escola De Música.

 

PROGRAMA

NORTE.- Este disco está gravado desde a liberdade. Música que procede do interior, da experiencia vital, das músicas escoitadas, intensamente gozadas, ao longo do tempo, de todos os traballos realizados como músico durante anos. Tocar a piano só outorga unha liberdade total; como contrapartida, implica que todo procede dun mesmo, sen a axuda dos teus compañeiros, un gran reto para min, pero un reto ilusionante, intenso, longamente desexado, e por fin levado a cabo con este traballo.

Norte, evidentemente, alude á miña xeografía, ao mar bravío, aos invernos fríos e chuviosos, aos veráns ao sol con olor a salitre. Pero tamén a un obxectivo, un punto de referencia, para non desviarse daquilo que nos empuxou a seguir o noso camiño.

Neste álbum, conviven improvisacións non planificadas, temas con desenvolvementos improvisados, e composicións sen improvisación. É un acto creativo, un deixar que flúa a música que habita en min, e compartila. 



1.- Na noite, nas ondas

2.- Leda

3.- Improvisación # 1

4.- Continuo

5.- Na soleira

6.- Escintileos (flashback)

7.- Improvisación # 2

8.- Illa tenra

9.- A cor das mapoulas

15.10.24

Audición 442: Integral das sonatas de Beethoven.

 Martes 22 de outubro de 2024

20:15 horas, Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro





DAMIÁN HERNÁNDEZ ………Piano

Definido como”Excellent pianist” e “Perfect Colaborator” por The Strad e The Clarinet respectivamente, é un pianista de gran versatilidade que compaxina a súa faceta como solista, coa camerística e de repertorista.

Formado principalmente con Albert Attenelle e Imre Rohmann , obtivo diferentes galardóns entre os que destacan o primeiro premio na 10ª Mostra de Música Jove de Barcelona e o segundo posto no 7º Concurso Infanta Cristina de Madrid.

Toca xunto a solistas de gran prestixio como os violinistas Nancy Zhou ou Jesús Reina, o clarinetista Carlos Casadó , a violista Kyoungmin Park (Berliner Philarmoniker) ou os violonchelistas Rafael Rosenfeld, Norbert Anger, Johannes Krebs e un longo etc. Actuou como solista coas Sinfónicas de Venstpils (Letonia), León, Xixón, Oviedo Filharmonía, Orquestra do festival de Gaia-Porto, Nova Orquestra Leonesa, interpretando os concertos de Grieg, Scriabin, Mozart nº 27, Chopin nº 1, Brahms nº 2, Rachmaninoff nº 2 e “Emperador” de Beethoven, sendo dirixido por Oliver Díaz, Dorel Murgu, Francisco Valero, Miguel Salmón etc.

Colabora cun gran número de entidades musicais e culturais, como as Fundacións Princesa de Asturias, Botín, CelloLeón-Universidade de León, Universidade de Oviedo, Concurso “Soncello “ da Coruña, Concurso de cordas AGIC de Vigo, Concurso de cordas de Llanes, OSPA , OSG etc. e foi profesor repertorista de cordas no Conservatorio Superior de Oviedo e na ESMAE (Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo de Porto) entre outras institucións académicas


JORGE MONTES …………… Violín

Nacido na Coruña en 1982, finaliza os seus estudos musicais con matrícula de honra e premio extraordinario no conservatorio da súa cidade baixo a tutela de Gimeno e no ano 2001, bolseiro pola Deputación da Coruña, estuda violín e música de cámara con Keiko Wataya e Charles-André Linale na Hogeschool voor deKunsten Utrecht, Holanda. Bolseiro da Accademia Musicale Chigiana, amplía a súa formación con Giuliano Carmignola en Siena, Italia. Recibiu tamén clases de violín de Jennifer Gilbert, Milan Vitek, Gordan Nikolitch, Michael Gilbert, Yoko Takebe, Alexander Kerr, Olga Vilkomirskaia e N. Chumachenco, entre outros; e de dirección de orquestra de Alan Gilbert, James Ross e Naoto Otomo.

Ofreceu numerosos concertos en España, Holanda, Portugal, Francia, Alemaña, Bélxica, Ucraína, Polonia, Italia, Xapón, Arxentina, Chile, Uruguai, Brasil etc., no marco dos máis importantes festivais, destacando a súa actividade como solista e músico de cámara. O seu interese pola música contemporánea lévalle a traballar e estrear música de compositores como Fernando Buide, José María Sánchez-Verdú, David do Porto, Eduardo Soutullo, W. Rosinskij, E. Vadillo ou Cristóbal Halfter, entre outros, como membro fundador do Ensemble S21 e de Música Práctica. Formado tamén como violinista barroco, é membro do cuarteto Alicerce, así como do grupo de música antiga Ars Combinatoria. Membro da OJSG e da JONDE, colabora desde o ano 2000 coa Orquestra Sinfónica de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia e coa Orquestra Sinfónica de Castela e León, entre outras.

Foi profesor da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, da Orquestra Nova de Castela e León, da Nova Orquestra Galega dás Artes, da Academia Contemporánea do festival Via Stellae, do curso Verán Musical en Teruel e Madrid, e participa, desde a súa creación, como director do Curso de Orquestra para Nenos na Escola de Altos Estudos Musicais da Real Filharmonía de Galicia.

Asesora a numerosas orquestras españolas na creación dos seus proxectos educativos. Na actualidade é profesor de violín e orquestra no Conservatorio Profesional de Música da Coruña así como director da Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia desde a súa creación no ano 2010. 

 

INTEGRAL DAS SONATAS PARA PIANO E VIOLÍN

LUDWIG van BEETHOVEN - PROGRAMA II

 

PROGRAMA III.- SONATA 1, OP 2 nº1 en fa menor : I.- Allegro; II.- Adagio; III.- Menuetto. Allegretto; IV.- Prestissimo

II.- SONATA 2, OP 2 nº2 en la mayor : I.- Allegro vivace; II.- Largo appassionato; III.- Scherzo. Allegretto; IV.- Rondo. Graziosso


III.- SONATA 5, OP 10 nº1 en do menor : I.- Allegro molto e con brio; II.- Adagio molto; III.- Finale. Prestissimo



 

27.9.24

Audición 437-438: Caspervek Trío

Cine-CONCIERTO  CASPERVEK TRÍO



Mércores 9 de outubro de 2024:

Dobre sesión:


11:30 horas, Edificio Multiusos, sesión para colexios.   Cancelada sesión para colexios por mor da alerta meteorolóxica.


20:15 horas. Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, para público xeral.

 






CASPERVEK TRÍO


Nace no 2013 no seo do Conservatorio Superior de Música de Vigo cando dous dos seus membros, Brais González e Blas Castañer, xúntanse para musicalizar o clásico de F.W. Murnau “Nosferatu”. Tras esta primeira actuación únese ao grupo o violinista Eduards Verbastiks. Xuntos comenzan a explorar o legado cinematográfico dos anos 20, estreando nos primeiros cinco meses cinco bandas sonoras para clásicos do cine mudo. Este fulgurante debut, fai que a prensa especializada os recoñeza como “la gran sorpresa de 2014”.

No 2015, o trío, fai a súa primeira xira recorrendo 10 países do vello continente e tocando nos máis importantes escenarios da cultura europea como entre outros foron : o Museo Nacional da Arte de Estonia; o Auditorio Baltais Fligelis de Letonia ou a Galería Flux de Budapest. No verao deste mismo ano, CASPERVEK, ofreceu 6 películas no The Urban Beach Cinema (Madrid)..

Caspervek Trío, realiza un valioso labor didáctico e pedagóxico, achegando o patrimonio cinematográfico aos máis pequenos. Como proba baste citar os ciclos realizados no Museo de arte Contemporáneo de A Coruña ou o Festival Primavera do cine de Vigo.

Caspervek Trío, ofrece a posibilidade de achegarse ao legado cinematográfico das primeiras décadas do século XX, volvendo ás orixes do cine, cando as películas proxectábanse con músicos en escea, pero actualizando e adaptando aos gustos musicais actuáis as bandas sonoras compostas para cada unha das películas, realizando ao mesmo tempo un importante labor pedagóxico.


O HEROE DO RÍO


Os propietarios de dous barcos fluviais compiten polo control do transporte de mercadorías polo río Misisipi. Bill Canfield (Ernest Torrence), un deles, espera a chegada do seu fillo Willie (Buster Keaton), que estivo estudando na cidade, para que lle axude no negocio.

Descrubiremos como eran as curtametraxes fai máis de cen anos e cales eran as principais estrelas do cine da época. Descubriremos o importante da música no cine mudo e como eran as salas de cine daqueles tempos. Tamén cales foron os principais directores galegos e españois daquelas décadas; como eran os debuxos animados do cine mudo e que personaxes de animación coñecían os nenos da época. E tamén descubriremos o abraiante mundo dos efectos visuais antigos e o feito de que non están demasiado afastados dos efectos especiais de hoxe en día.

PROGRAMA DIDÁCTICO – AS ORIXES DO CINE


Unha viaxe pedagóxica e musical pola orixe do cine mudo da man de Caspervek.

BLOQUES TEMÁTICOS


O CINE MUDO (10 min.)

Imos comezar esta viaxe coñecendo como era o cine fai máis de cen anos. Porqué os actores non falaban? Como facía a xente para entender as mensaxes das películas?. Coñeceremos a algúns dos principais persoeiros do cine da época e xogaremos a dous divertidos xogos.

A MÚSICA NO CINE MUDO (20-25 min.)

A música é un compoñente indispensable no cine, pero naquela época, o era aínda máis. Converteremos o auditorio nunha sala de cine antigo para ver unha curtametraxe con música en directo. E invitaremos a algúns

afortunados nenos a acompañarnos.

DIRECTORES EN GALICIA E ESPAÑA (10 min.)

Imos coñecer que se estaba a facer en España e en Galicia naqueles anos. Presentaremos a Xosé Gil, creador da primeira curta de ficción galega e a Segundo de Chomón, pioneiro aragonés do que veremos e poñerémoslle música a su obra A Ra (1907)

AS ORIXES DA ANIMACIÓN (5-7 min.)

Imos emprender unha viaxe, cara atrás, ata comezos de século para coñecer como era a animación da aquela época. Habería debuxos animados no cine mudo?. Deténdonos na figura de Emile Cohl e todos xuntos, os rapaces e Caspervek, musicalizaremos en directo o seu curto “Phantasmagorie” (1908).

OS EFECTOS ESPECIAIS (10-15 min.)

Todos sabemos xa que as películas modernas utilizan potentes ordenadores para xerar incribles efectos visuais, que plagan hoxe en día tódalas películas de acción e aventuras. Pero, que pasaba fai cen anos? Había efectos especiais?, como conseguían aqueles directores realizar trucos de cámara tan abraiantes? Imos comparar películas desta década e películas dos anos 10 e 20 para decatarnos de que moitas das sorprendentes técnicas de efectos especiais dos nosos días están inspirados nos efectos que realizaron os pioneiros do cinema mudo. E aínda mellor: recrearemos en directo algunhas das técnicas que utilizaban estes pioneiros do cine para crear, entre todos e en rigoroso directo, un efecto especial dende o mesmo auditorio!

25.9.24

Audición 441: BANDA SINFÓNICA MUNICIPAL DE VALGA


 Mércores 25 de setembro 2024

Edificio multiusos de Monforte de Lemos

(Ronda Mª. Emilia Casas Baamonde)

20:15 horas.

BANDA SINFÓNICA MUNICIPAL DE VALGA




Director: MANUEL VILLAR TOUCEDA


Solistas: ABE RÁBADE -- LAURA LORENZO

 


JAZZ SINFÓNICO PARA A NOSA BANDA,

Música de improvisación en tempos do sinfonismo do Século XXI

  

A ORIXE

Nos principios do século XX en New York, no magnánimo e indiscutible centro cultural e artístico de Estados Unidos é onde se fusionan un millar de ideas e estilos musicais e talentos de todo tipo, Unha filarmónica constituída de grandes entre os grandes. Mahler, Stransky, Mengelberg e Toscanini solo por mencionar algúns, previos a Stokowsky e Bernstein. A chegada de Sergei Rachmaninov en 1909 para tocar o seu concerto 3 de piano e orquestra aderezarían ao máximo os finos aromas sonoros que tomarían a música da urbe á seguinte etapa. Entre todas esas fraganzas resultou o alumeante dun xénero novo chamado JAZZ SINFÓNICO


A creación deste foi impulsada polo encontro de dúas forzas igualmente poderosas: a tradición clásica europea e o espírito innovador do jazz. Neste perfume creativo dun millón de aromas, a través do punto de encontro para músicos de diversa índole, ansioso por creatividade creación e descubrimento, estas dúas correntes conveniaron nun novo elemento musical. Figuras visionarias como Duke Ellington e George Gershwin emerxeron como líderes indiscutibles nesta nova fronteira musical. Ellington, un compositor e director de orquestra sen igual, teceu os ritmos sincopados do jazz coa riqueza e sofisticación da música sinfónica. Nas rúas escoitábanse axóuxeres con referencia a “Black, Brown and Beige" e "Harlem Suite", capturaron a esencia afroamericana e elevaron o que aínda non tiña nome nin etiqueta a un universo novo de complexidade.


Pola súa parte, Gershwin, dotado tanto no ámbito do jazz como no da música clásica, fusionou estas influencias de maneira maxistral no seu famoso poema sinfónico "Rhapsody in Blue". Esta composición icónica converteríase nun símbolo musical da era do JAZZ SINFÓNICO, unindo os ritmos contaxiosos e a improvisación característica do jazz coa grandiosidade e o virtuosismo dunha banda sinfónica.


O PROXECTO

No seu grao de innovación, JAZZ SINFÓNICO PARA A NOSA BANDA compaxina a creatividade da improvisación do Século XXI coa temática e audacia solística, innovando a música do Século XX para Orquestra e Big Band coa destreza musical que na actualidade ten Banda de Música deste Século XXI mesturando os arranxos coa música orixinal para esta.


A nosa música achega formatos e métodos para este espectáculo combinando a música orixinal realizada para agrupacións doutros eidos musicais como Banda de Jazz e Orquestra de Música Popular e de Cabaret ou mesmamente a Orquestra Sinfónica dos compositores máis representativos da historia e do presente coa realización de novas orquestracións adicadas a Banda Sinfónica xuntado desta maneira o formato de raíces do jazz e empregando o formato sinfónico para banda de música.


Nesta produción musical o espectáculo social é o máis importante, neste evento xúntase a música de raíces populares e de improvisación americana coa música dun músico e compositor galego que intenta achegar a poboación o estilo de música do jazz fusionado coa música galega, atraendo e chamando a atención dun público novo e de achegamento da música popular ao público de salas de concertos máis clásicos integrando á nova sociedade as músicas de novo formato para un público máis xeral.


A produción resalta a programación das Entidades Galegas, realizado integramente en Galego e feito por Galegos. Promove e difunde a creación musical dos artistas galegos e xera unha programación musical de calidade a través do programa musical.


O PROGRAMA:

I.- SUITE Nº1 Dimitri Schostakowitsch (1. Waltz 2. Polka 3. Foxtrot) Solistas: Clarinete – Xilófono - Saxofón Alto - Vibráfono II.- A TRAVESÍA DO MEIGO Abe Rábade ……………………………………………………… Solistas: Frauta Solista en Sol - Piano


III.- RHAPSODY IN BLUE George Gershwin …………………………………………………………………………………………………………. Solista: Piano IV.- SING, SING,SING Louis Prima ………………………………………………………………. Solistas: Batería – Trompeta - Clarinete


As versións e a música orixinal para BANDA SINFÓNICA que imos a escoitar son unha tradución íntegra da música do século XX e XXI feita por músicos galegos e pensada para o NOVO PÚBLICO do século XXI con solistas galegos de renome internacional.

3.– OS ARTISTAS PRINCIPAIS:

BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE VALGA : (45 Compoñentes: 3 frautas / óboe / fagot / 10 clarinetes / 6 saxofóns / 5 trompetas / º

4 trompas /3 trombóns / 2 tubas / 3 violoncellos / 2 contrabaixos / 5 percusionistas)


PIANISTA SOLISTA ..… Abe Rábade

DIRECTOR .…. Manuel Villar Touceda

FRAUTA SOLISTA ….. Laura Lorenzo


Texto: Manuel Villar Touceda