Mostrando entradas con la etiqueta tempada 2024-25. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tempada 2024-25. Mostrar todas las entradas

11.12.24

Audición 444: Concerto Lírico


Luns 23 de decembro de 2024, ás 20:15 h.

Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro




Emilia Pérez, soprano natural do Carballiño, actualmente estuda na Universidade das Artes de Zurich baixo a tutela da soprano Martina Menzi-Janková. Anteriormente, completou a súa formación superior de canto no Conservatorio Superior de Música de Vigo xunto ao tenor José Antonio Campo.
Foi galardoada en dúas ocasións no concurso Mirna Lacambra, en 2021 e 2022, o que lle permitiu debutar nos roles de Berta e Donna Anna, respectivamente, acompañada pola Orquestra Simfònica del Vallés e baixo a dirección de Daniel Gil de Tejada. Ademais, presentouse en recitais para a temporada dos Amigos da Ópera de Vigo, dentro do Outono Lírico 2022 no ciclo Novas Voces da Lírica Galega, e recentemente colaborou coa Real Filharmonía de Galicia no recital Nuevas Voces Gallegas, dirixido por Diego Martín-Etxebarria.
Entre outros recoñecementos, obtivo o primeiro premio no IV Concurso Nacional de Canto Ciudad de Albacete e foi galardoada co Premio Andrés Gaos á mellor voz galega no V Concurso de Canto “Compostela Lírica”. Ademais, participou no programa para novos cantantes da Fundación Amigos do Teatro Real, onde recibiu formación e clases maxistrais de artistas como Sabina Puértolas ou Leigh Melrose. Tamén ten colaborado en numerosos proxectos coa compañía de Leonor Gago, e na
actualidade participa no programa de becas da Fundación Ópera Actual.



Nado no ano 2000, Lucas López é graduado superior en piano e canto polo Conservatorio Superior de Música de Vigo. Actualmente continúa os seus estudos de canto na Zürcher Hochschule der Künste (Suiza) baixo a tutela do tenor Werner Güra.
Obtivo o 1º premio no VIII Concurso de Solistas del CSMVigo. Tamén foi gañador das XXIV e XXV edicións do Concurso Mirna Lacambra, debutando así na temporada de Òpera a Catalunya. Recentemente acadou o Premio Andrés Gaos no VI Concurso de Canto Compostela Lírica, así como diferentes galardóns no XVI Concours International de la Mélodie de Gordes.
Formou parte da Ton Koopman Academy en Den Haag, Holanda, ademaais de ser membro da Bachcelona Akademie. Participou en ciclos de concertos como o International M.K. Festival Ciurlionis en Palanga (Lituania), “Música para una época” do Museo de Belas Artes de A Coruña; “Músicas abertas”, da Banda Municipal de Santiago de Compostela; ou “Novas voces galegas”, de Amigos da Ópera de A Coruña. Protagonizou producións de Die Zabuberflöte, Il barbiere di Siviglia, The telephone, Il segreto di Susanna, Dido and Aeneas o Carmina Burana, entre outros títulos.
Como pianista acadou as seguintes distincións: Mención de honra na V Mostra Musical Eixo Atlántico (2016); 2º premio Concurso de Piano da Sociedad Artística Ferrolana (2017); 2º premio XIX Concurso-Festival Internacional “Music without Limits”, Druskininkai, Lituania (2019). No campo da música de cámara, foi premiado en diferentes edicións do Concurso de Cámara do CSMVigo.

Programa

 
Amy Beach (1867-1994): Three Browning Songs op.44 (1899)
I. The Year’s at the Spring
II. Ah Love, but a Day
III. I Send My Heart up to Thee
Alban Berg (1885-1935), de Sieben frühe Lieder (1905-8)
I. Nacht
Francis Poulenc (1899-1963): Tel jour telle nuit FP86 (1936-7)
I. Bonne journée
II. Une ruine coquille vide
III. Le front comme un drapeau perdu
IV. Une roulotte couverte en tuiles
V. À toutes brides
VI. Une herbe pauvre
VII. Je n’ai envie que de t’aimer
VIII. Figure de force brûlante et farouche
IX. Nous avons fait la nuit

            ---------

W. A. Mozart (1756-1791), de Le nozze di Figaro (1786)
Aria de Contessa: “Porgi amor, qualche ristoro”
Enrique Granados (1867-1916): de Goyescas (1915)
Aria de Rosario: “La maja y el ruiseñor”
Erich Wolfrang Korngold (1897-1957): de Die tote Stadt (1919)
Aria de Marietta: “Glück, das mir verblieb”
André Previn (1929-2019), de A Streetcar Named Desire (1998)
Aria de Blanche: “I want magic”

27.9.24

Audición 437-438: Caspervek Trío

Cine-CONCIERTO  CASPERVEK TRÍO



Mércores 9 de outubro de 2024:

Dobre sesión:


11:30 horas, Edificio Multiusos, sesión para colexios.   Cancelada sesión para colexios por mor da alerta meteorolóxica.


20:15 horas. Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, para público xeral.

 






CASPERVEK TRÍO


Nace no 2013 no seo do Conservatorio Superior de Música de Vigo cando dous dos seus membros, Brais González e Blas Castañer, xúntanse para musicalizar o clásico de F.W. Murnau “Nosferatu”. Tras esta primeira actuación únese ao grupo o violinista Eduards Verbastiks. Xuntos comenzan a explorar o legado cinematográfico dos anos 20, estreando nos primeiros cinco meses cinco bandas sonoras para clásicos do cine mudo. Este fulgurante debut, fai que a prensa especializada os recoñeza como “la gran sorpresa de 2014”.

No 2015, o trío, fai a súa primeira xira recorrendo 10 países do vello continente e tocando nos máis importantes escenarios da cultura europea como entre outros foron : o Museo Nacional da Arte de Estonia; o Auditorio Baltais Fligelis de Letonia ou a Galería Flux de Budapest. No verao deste mismo ano, CASPERVEK, ofreceu 6 películas no The Urban Beach Cinema (Madrid)..

Caspervek Trío, realiza un valioso labor didáctico e pedagóxico, achegando o patrimonio cinematográfico aos máis pequenos. Como proba baste citar os ciclos realizados no Museo de arte Contemporáneo de A Coruña ou o Festival Primavera do cine de Vigo.

Caspervek Trío, ofrece a posibilidade de achegarse ao legado cinematográfico das primeiras décadas do século XX, volvendo ás orixes do cine, cando as películas proxectábanse con músicos en escea, pero actualizando e adaptando aos gustos musicais actuáis as bandas sonoras compostas para cada unha das películas, realizando ao mesmo tempo un importante labor pedagóxico.


O HEROE DO RÍO


Os propietarios de dous barcos fluviais compiten polo control do transporte de mercadorías polo río Misisipi. Bill Canfield (Ernest Torrence), un deles, espera a chegada do seu fillo Willie (Buster Keaton), que estivo estudando na cidade, para que lle axude no negocio.

Descrubiremos como eran as curtametraxes fai máis de cen anos e cales eran as principais estrelas do cine da época. Descubriremos o importante da música no cine mudo e como eran as salas de cine daqueles tempos. Tamén cales foron os principais directores galegos e españois daquelas décadas; como eran os debuxos animados do cine mudo e que personaxes de animación coñecían os nenos da época. E tamén descubriremos o abraiante mundo dos efectos visuais antigos e o feito de que non están demasiado afastados dos efectos especiais de hoxe en día.

PROGRAMA DIDÁCTICO – AS ORIXES DO CINE


Unha viaxe pedagóxica e musical pola orixe do cine mudo da man de Caspervek.

BLOQUES TEMÁTICOS


O CINE MUDO (10 min.)

Imos comezar esta viaxe coñecendo como era o cine fai máis de cen anos. Porqué os actores non falaban? Como facía a xente para entender as mensaxes das películas?. Coñeceremos a algúns dos principais persoeiros do cine da época e xogaremos a dous divertidos xogos.

A MÚSICA NO CINE MUDO (20-25 min.)

A música é un compoñente indispensable no cine, pero naquela época, o era aínda máis. Converteremos o auditorio nunha sala de cine antigo para ver unha curtametraxe con música en directo. E invitaremos a algúns

afortunados nenos a acompañarnos.

DIRECTORES EN GALICIA E ESPAÑA (10 min.)

Imos coñecer que se estaba a facer en España e en Galicia naqueles anos. Presentaremos a Xosé Gil, creador da primeira curta de ficción galega e a Segundo de Chomón, pioneiro aragonés do que veremos e poñerémoslle música a su obra A Ra (1907)

AS ORIXES DA ANIMACIÓN (5-7 min.)

Imos emprender unha viaxe, cara atrás, ata comezos de século para coñecer como era a animación da aquela época. Habería debuxos animados no cine mudo?. Deténdonos na figura de Emile Cohl e todos xuntos, os rapaces e Caspervek, musicalizaremos en directo o seu curto “Phantasmagorie” (1908).

OS EFECTOS ESPECIAIS (10-15 min.)

Todos sabemos xa que as películas modernas utilizan potentes ordenadores para xerar incribles efectos visuais, que plagan hoxe en día tódalas películas de acción e aventuras. Pero, que pasaba fai cen anos? Había efectos especiais?, como conseguían aqueles directores realizar trucos de cámara tan abraiantes? Imos comparar películas desta década e películas dos anos 10 e 20 para decatarnos de que moitas das sorprendentes técnicas de efectos especiais dos nosos días están inspirados nos efectos que realizaron os pioneiros do cinema mudo. E aínda mellor: recrearemos en directo algunhas das técnicas que utilizaban estes pioneiros do cine para crear, entre todos e en rigoroso directo, un efecto especial dende o mesmo auditorio!