30.4.13

Audición 357 - Orquestra Solistas de Galicia

  Casa da cultura 22/5/2013 – 20:15

 


Compoñentes da orquestra:

Violíns:
  • Mijail Moriatov
  • Claudio Guridi
  • Ernesto Rioboo
  • Victoria Jurov
  • Daniil Kordubailo
Violas:
  • Timur Sadikov
  • Natalia Madison
Violonchelo:
  • Valeri Moriatov
Contrabaixo:
  • Andrei Sobolev




Orquestra de Cámara Solistas de Galicia


Desde a súa fundación en 1999 a Orquestra de Cámara Solistas de Galicia converteuse nun dos máis interesantes e requiridos grupos da escena musical galega. O sentido de responsabilidade conxunta, a profesionalidade dos seus membros e a orixinalidade do repertorio escollido fan que sexa un grupo moi sólido e unido tanto no aspecto humano coma no musical. Brillante interpretación, actuacións comprometidas e programas excepcionais son as características máis sinaladas da formación. Ao longo dos trece primeiros anos da súa existencia o conxunto Solistas de Galicia realizou con enorme éxito numerosas actuacións por toda Galicia e tamén fora da mesma. O publico de cidades como A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, Lugo, Vilagarcía de Arousa, Burela, Ribadeo, Carballo, Cee e Ortigueira entre moitas outras puido disfrutar de excelentes programas que interpreta a formación que combinan a sencillez coa paixón e a beleza coa espectacularidade. Así mesmo o grupo actuou no X Festival Música en Catedral de Astorga e en Lisboa.
O repertorio escollido é a clave do éxito colleitado polo conxunto Solistas de Galicia, xa que é comprensible para calquera perfil de publico que acode aos seus concertos e desta maneira os espectadores poden tanto disfrutar como aprender da fermosa arte da música clásica. Solistas de Galicia aúna nas súas actuacións diferentes culturas, tradicións e estilos musicais e incluso interpreta as súas propias versións de temas tradicionais galegos, o que deixa ás persoas que as escoitan moi entusiasmadas e felices. Un dos obxectivos primordiais da Orquestra pasa por conseguir que a música clásica poida chegar a todas partes de Galicia e lograr que o publico se sinta cada vez máis integrado e identificado con algo tan máxico e conmovedor como é a música. A diferencia das grandes orquestras Solistas de Galicia non precisan dun amplo escenario ou dunhas condicións especiais para levar a cabo as súas actuacións, soamente necesitan un pequeno espazo para conquistar ao público.
A Orquestra desde a súa creación está a dirixir polo violinista Mijail Moriatov, cuxa meta actualmente pasa por convertela na primeira formación desta magnitude estable de toda Galicia. 

Mijail Moriatov, Director.

É un dos violinistas de maior proxección e prestixio residentes actualmente en España. Naceu en Rusia e aos cinco anos empezou a súa carreira de violín, despois de estudar cos mestres máis ilustres e eminentes San Petersburgo (Rusia). En 1986 superou as probas de acceso á Escola Superior do Conservatorio de San Petersburgo, a que rematou coas máis altas cualificacións en 1994. Porén, dous anos antes, en 1992 aprobou as oposicións para a Orquestra Sinfónica de Galicia con tan só 17 años de idade, o que lle converteu no membro máis xoven de dita formación. Dende esta data ata a actual reside e traballa en Galicia. Nos anos 1994-1996 foi profesor superior de violín no Conservatorio de Ferrol, así mesmo ao longo dos once anos permanecendo en Galicia desenvolveu un importante labor docente por toda a Comunidade Autónoma Galega. É compoñente desde a súa creación (ano 1988) do Cuarteto Moriatov, un conxunto único en toda Europa, dado que está formado polos membros dunha soa familia. Con este grupo durante os 18 años da súa existencia realizou máis de 200 actuacións por toda Rusia e España.
Mijail Moriatov é gañador e finalista dos prestixiosos concursos internacionais de violín celebrados en España nos anos 1996 e 1997. En 1997 aproba as oposicións para a Orquestra Real Filarmonía de Galicia e actualmente é un dos poucos músicos residentes en Galicia que lograron acceder por oposición ás dous grandes orquestras galegas.
Mijail Moriatov é creador e director único da Orquestra Solistas de Galicia, así como doutros destacados conxuntos de música clásica como Lira, Cantábile, Noite na auga e Fantasía entre outros, cos que realiza unhas 40 actuacións anuais por toda España. Así mesmo executa concertos como violín-solista por todo o país e realizou numerosas xiras tendo tocado en diferentes programas de televisión e radio. En 2001 saíu o seu primeiro disco compacto como violín solista que se titula Aire Fresco e consta de 16 temas populares de diferentes lugares do mundo e en 2006 sacou o seu segundo CD chamado Galicia no meu corazón con 18 temas galegos nas súas propias versións, neste caso acompañado por tres músicos máis de corda. No ano 2009 sae o seu terceiro CD titulado Música mundi que ten un total de 17 temas entre clásicos, románticos e modernos para Mijail Moriatov e novamente os tres músicos de corda que lle acompañan neste proxecto.
Nestes intres leva máis de 3.500 actuacións realizadas nos 21 anos que reside e traballa en Galicia.

www.mijailmoriatov.com  www.musicaengalicia.com

PROGRAMA
1ª parte
Largo
Larghetto
Largo
Allegro

Andante
Allegro assai
2ª parte

No hay comentarios:

Publicar un comentario