14.4.13

Audición 356- Grupo de Cámara Minuetto.

CONCERTO, VENRES 26 DE ABRIL DE 2013
CASA DA CULTURA 20:15 horas
GRUPO DE CÁMARA MINUETTO
( En formación de Cuarteto )

 

O grupo nace no seo nunha gran familia de músicos que é a Real Filharmonía de Galicia. Esta orquestra considérase unha das mellores do país e nela tén o seu nacemento Minuetto. O conxunto trata de achega-la música de cámara de calidade a todalas zonas de Galicia onde sexa posible. Gozan e ilusiónanse facendo música de xeito que o público disfrute, escoite e se implique. Son moitos os anos de experiencia acreditada actuando en todala xeografía galega dentro de ciclos de música de cámara e concertos privados.
ENRIQUE ROCA, violín
Nado en Valencia e afincado en Santa Cruz de Tenerife onde comenza a súa formación musical. Remata os estudos superiores de violín no Conservatorio de Música de Barcelona baixo a dirección de D. Agustín León Ara.
Colabora asiduamente con diversas orquestras sinfónicas e de cámara de toda España, como a Orquestra Sinfónica de Barcelona e Nacional de Cataluña, Orquestra Filarmónica de Gran Canaria, Orquestra Sinfónica de Tenerife, Orquestra Sinfónica de Galicia e a Orquestra de Cámara Joaquín Rodrigo. Ocupa o posto de Concertino na XONDE ( Xoven Oquestra Nacional de España ).
Ofrece recitais de música de cámara por toda España con diferentes formacións e concretamente en Galicia participa en ciclos de música de cámara organizados polo Via Stellae, o Auditorio de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela.
No eido docente foi profesor no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela e durante 6 anos na “ Escola de Música Play “. Na actualidade é profesor de violín da Orquestra Universitaria USC de Santiago de Compostela.
Dende novembro de 1997 reside en Santiago de Compostela onde posee a praza de violín na Real Filharmonía de Galicia. É integrante dos grupos de Tango “ Luscofusco “ e “ Cuarteto Típico La Brecha “. É director e violinista do Grupo de Cámara Minuetto.
CLAUDIO GURIDI, violín
Violinista uruguayo. Escomenzou os seus estudos musicais co seu pai e continuou posteriormente cos profesores Miguel Szilagyi e Jorge Risi en Uruguay e con Daniel Sepec na HochschulefürMusik Frankfurt am Main en Alemaña.
Foi membro da Orquesta Nacional Juvenil de Venezuela e participou como membro da Orquesta Latinoamericana e a Orquestra Mundial de Xuventudes Musicais con concertos en Uruguay, Arxentina, Alemaña e Bélxica.
Foi becado por Xuventudes Musicais de España e polo KAAD de Alemaña e traballou con orquestras como SODRE, Filarmónica Municipal de Montevideo, Orquestra da Comunidade de Madrid, Orquestra Sinfónica de Baleares e Real Filharmonía de Galicia da que é membro dende 1996.
Como solista e en concertos de música de cámara actuou en Venezuela, Uruguay, España, Portugal, Alemaña e Rusia. É Piloto Comercial de Aviación.
Membro do Grupo de Cámara Minuetto como violinista do grupo.


TIMOR SADYKOV, viola
Natural de Kazán ( Rusia ). Iniciou os seus estudios musicais ós 6 anos de idade.
En 1998 rematou a Escola Especial de Música de Kazán e entrou no Conservatorio Estatal de dita cidade.
Dende 1991 ata 1995 formou parte da Orquestra de Cámara “ La Primavera “, en Kazán.
Entre 1994 – 1995 tocou na Orquestra Filarmónica de Kazán como co- principal da sección de primeiros violíns.
Durante os veráns de 1993 e 1994 foi membro da Gustav Mahler Jugend Orchester, baixo a dirección de Claudio Abbado ( Richard Chailly, Sir Neville Marriner ).
Perteneceu á Orquestra de Moscú como co-principal na sección de primeiros violíns e colaborou coa Orquestra Sinfónica Estatal e coa Orquestra Sinfónica da Radio Estatal Rusa.
En febreiro de 1998 integróuse na Orquestra de Cámara de Moscú na sección de violas. Dende marzo de 1999 tén a praza de viola na Real Filharmonía de Galicia.
Colaborou con orquestras como a RTVE de Madrid, coa Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra Sinfónica de Castela e León. Participou no festival Via Stellae nos anos 2009 e 2010. Durante os últimos anos participou en proxectos de música de cámara organizados polo Auditorio de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, ofrecendo concertos en distintas ciudades de Galicia. É membro do Grupo de Cámara Minuetto como viola do grupo.


CARLOS GARCÍA AMIGO, violonchelo
Naceu no seo dunha familia de gran tradición musical. Levou a cabo os seus estudos musicais primeiro en Galicia e posteriormente no Real Conservatorio de La Haya (Holanda) onde se licenciou en Música na especialidade de violonchelo.
Dende 2001 é membro da Real Filharmonía de Galicia coa que viaxou a Arxentina, Brasil, Cuba, Francia, Portugal e diversos puntos da xeografía española.
Fundador do cuarteto de violonchelos CHELICIA, do ENSEMBLE S21, e de SONATAS Á ITALIANA; é tamén co-fundador de SONCELLO ( Asociación de Violonchelistas de Galicia ) que tén como principais obxectivos promover actividades e dinamiza-la cultura do violonchelo en Galicia.
Leva a cabo a súa actividade docente na “ Escola de Música Play “ ( Santiago de Compostela ) e imparte cursos en diferentes puntos de Galicia.
É violonchelista do conxunto ARS COMBINATORIA ( Canco López ) e ALIO MODO (David de la Calle ). Asimesmo colabora con distintos grupos de Galicia, España e Portugal.
No ámbito da divulgación é colaborador de TEDx GALICIA e forma parte do Consello Asesor da Fundación Galicia Sustentable, ademáis do labor que realiza dende o propio Departamento Educativo da RFG.
É membro do Grupo de Cámara Minuetto como violonchelista do grupo


I PARTE
Italiana
Arie di Corte
Siciliana
Passacaglia


II PARTE
Allegro con brío
Adagio affetuosso ed appasionato
Scherzo: Allegro molto
Allegro



No hay comentarios:

Publicar un comentario