25.11.13

Audición 361. Cuarteto Familia Moriatov.


23-12-2013. 20:15 horas
Casa da cultura de Monforte de Lemos


https://drive.google.com/file/d/0B6XG4sapiXgTeGdlWHVoZU16cm8/edit?usp=sharing



O Cuarteto de Música Clásica “ Familia Moriatov “ é algo fora do común por moi diversas razóns. En realidade pola propia agrupación (dous violíns, violonchelo e piano), xa que non existe repertorio para iste reparto instrumental; nembargantes os seus recitais configúranse sabiamente cunha alternancia de sós, dúos, tríos e cuartetos. Deste xeito sempre hai un lugar para o lucimento solístico de cada un dos intérpretes en célebres pezas que son moi do gusto do público. Os Moriatov son un conxunto único en toda Europa, xa que está composto íntegramente polos membros dunha soa familia. Nos trece anos da súa existencia o cuarteto levou a cabo máis de 300 concertos por toda España, Rusia e Portugal, colleitando un rotundo éxito.

Valery Moryatov

É o pai da familia. Toca o violonchelo. Estudou no Conservatorio Nacional de San Petesburgo ( Rusia ) da man do Artista Emérito A. Nikitin. Foi gañador do Concurso da URSS ( 1968 ). Do 1974 a 1992 foi membro da Orquestra Sinfónica do Teatro de Ópera e Ballet de Kirov de San Petesburgo. En 1992 aprobou as oposicións para a Orquestra Sinfónica de Galicia. Na actualidade é Profesor Superior en distintos Conservatorios de Galicia. Realiza a súa actividade como solista no Cuarteto Moriatov, a Orquestra “Solistas de Galicia“ e outras destacadas agrupacións.

Irina Moryatova

A nai da familia. É a pianista. Graduouse no Conservatorio Estatal de San Petesburgo recibindo o Premio de Honra. Ofreceu numerosos concertos como solista. Dende os oito anos consagrou a súa vida á ensinanza e os seus alumnos conqueriron premios en moitos concursos. Actuou en infinidade de concertos de música de cámara. Foi pianista acompañante nun gran número de Clases Maxistrais. Participou en varios Festivais de Música en España. Agora é profesora no Conservatorio da Coruña. Unha grande parte das obras interpretadas polo cuarteto son adaptacións súas.

Mikhail Moryatov

O fillo maior, toca o violín dende os cinco anos. Realizou os seus estudos coas máis altas calificacións do Conservatorio de San Petesburgo. Aos 15 anos actuou de solista coa Orquestra de San Petesburgo e participou en xiras por Alemaña, Estonia, Letonia e Rusia. No ano 1992 e con tan só 16 anos, superou as oposicións para a Orquestra Sinfónica de Galicia. Entre 1994 e 1996 foi profesor de violín no Conservatorio de Ferrol. Gañador de competicións internacionais en España en 1996 e 1997. Nos anos 1996 e 1998 formou parte da Real Filarmonía de Galicia. En 1998 creou a Orquestra de Cámara “ Solistas de Galicia “ da que é o director.

Evgeny Moryatov

É o menor dos fillos; iniciou os seus estudos de violín aos catro anos. Ata 1995 estudou no Conservatorio de San Petesburgo. En 1996 ingresou na Escola Superior de Música Reina Sofía de Madrid, ata o ano 1999 co eminente profesor J. L. García Asensio. Foi bolseiro do Ministerio de Asuntos Exteriores, Fundación Isaac Albéniz, Fundación Pedro Barrié de La Maza, Excma. Diputación de A Coruña. Obtivo primeiros premios en importantes concursos tanto en España como en Canadá. Ofreceu numerosos recitais como solista con diversas orquestras e directores tales como L. Maazel y Y. Menuhin. Ten editados numerosos CDs con música de compositores galegos tales como A. Gaos e M. Quiroga. Cursou estudos na Universidade de Toronto co Profesor Emérito David Zafer e actuou de concertino da Xoven Orquestra de Toronto. En 2006 rematou Masters na Universidade Carnegie Mellon ( USA ) baixo a batuta do Concertino da Filarmónica de Pittsburgh Andrés Cárdenes. Nese mesmo ano gaña as oposicións á Orquestra da Generalitat Valenciana, cuios directores titulares son L. Maazel e Z. Metha.

PROGRAMA


PRIMEIRA PARTE .




A. VivaldiConcierto para dos violines en re menor op.3 (“L´estro armonico”) nº.11
  • Allegro
  • Largo
  • Allegro
M.de Falla – F. Kreisler – Danza española de “La vida breve” para violín y  piano.
P. I. Tchaikovsky – Barcarola de los “meses del año” op.37 bis para violín, violonchelo y piano
J. Gade - Tango “Celos

SEGUNDA PARTE

L. Delibes – Dúo de flores de “Lakmé
J. Petersburgsky – Tango “Sol sueño”
I. Frolov – La broma
J. Strauss – Polka “Truenos y relámpagos”
J. Strauss – “Kaiservals” 


* Nuevos arreglos de Irina Moryatova

No hay comentarios:

Publicar un comentario