4.11.14

Audición 368. MUSICA ANTIQUA VIVA


12-11-14 ás 20:15 horas
Casa da Cultura.


https://drive.google.com/file/d/0B6XG4sapiXgTRmhaWHdCNE1rWGs/view?usp=sharing

COMPOÑENTES:

Pavel Fajtl – violín.
Martina Macko – soprano.
Jan Vasta – violín.
Otakar Salajka – viola.
Jan Škrdlik – violonchelo.
Jiri Šicha – contrabaixo
Katerina Bilkova – cravo.


Esta agrupación escomenzou a súa andadura musical nos anos 90 en Brno, importante centro cultural da República Checa. Os seus compoñentes son eminentes músicos membros da Filarmónica Brno e da Orquestra de Ópera do Teatro Nacional de Brno; todos eles con experiencia en xiras por todo o mundo.
Dende a súa presentación en Brno desenvolve unha intensa actividade concertística, participando con éxito perante case vinte anos na vida musical tanto no seu país coma no exterior, ofrecendo concertos en diversas salas, igrexias e festivais internacionais de música.
A súa composición é variable segundo o programa a interpretar e vai dende os 6 músicos de corda ata os 16 integrantes ( unha pequena orquestra de cámara clásica ) e abrangue un repertorio moi variado que inclúe as obras que van dende os mestres barrocos ata a música moderna. Realiza de cotío as grabacións para a Radio e Televisión Checa en Brno e colabora cos renonbrados solistas instrumentais e vocais checos e extranxeiros. A crítica especializada aprecia o seu sentido da música así coma o seu cultivado son e precisa execución das obras interpretadas.
Jan Škrdlik – violonchelo
É o líder artístico e un dos fundadores de Musica Antiqua Viva. Procede dunha familia de músicos. Jan Škrdlik, está consierado hoxe en día coma un dos máis renombrados solistas de violonchelo na República Checa. Tras realizar os seus estudos musicais na Academia de Música Janáček en Brno baixo a dirección de J. Hališka e B. Havlík, perfeccionóuse con D. Veis en Praga e completou a súa formación musical con L. Claret en Barcelona.
Polos seus éxitos na difusión das obras dos compositores checos no seu país e no exterior obtivo o premio do Fondo de Música Checa e outras distincións máis.
Paralelamente a súa carreira de solista adícase intensamente á música de cámara e colabora con diversas agrupacións de cámara, ( Cuarteto Wallinger, Brno Chamber Soloists e Musica Antiqua Viva ).
Perante os últimos 20 anos levou a cabo máis de 1.000 actucións na maioría de países de Europa, os EEUU e Asia. O seu CD coas suites para violonchelo de J.S. Bach foi escollido pola casa discográfica xaponesa Geocities entre os 10 títulos máis representativos da música checa. A súa discografía contén a literatura para violonchelo de todolos estilos musicais. Dende 2003 ocupa o posto de profesor de violonchelo no Conservatorio de Brno.


Martina Macko – soprano.
Graduóuse na Academia de Música Karel Szymanowsky en Katowics ( Polonia ). Completou os seus estudos de música e canto en diversos cursos especilizados ( canción polaca e francesa, música barroca e clásica, ópera francesa entre outras ). A súa actividade concertística orientase básicamente á interpretación da música relixiosa: Pergolesi, Monteverdi, Handel, Vivaldi y Mozart.
É unha das fundadoras do grupo barroco Belladona Trío e colabora coma solista con diversos conxuntos, directores e orquestras. Participa regularmente nos festivais internacionais de música en Polonia, República Checa, Hungría, Alemaña, Austria e Italia. Cabe suliñar a súa colaboración co tenor italiano C. Callighieri no proxecto das arias de ópera italianas. Levou a cabo gravacións de música barroca para a Radio Checa. Dende o ano 2004 é profesora de canto no Conservatorio de Música en Kromĕříž na República Checa. Con frecuencia é invitada a tomar parte en concursos internacionais de canto coma membro do xurado



( Programa )


Aria “ O Rei de Reis e Aleluia “ para soprano e cordas HWV 50b


  • Georg Fredrich Handel ( 1685 – 1759 ) ( 15´ )
Concerto para violonchelo e cordas en si bemol menor
Allegro moderato
Andante non troppo
Allegro molto


Recitativo e Aria “ A questo seno deh vieni “ ( 9´ ) (Youtube, por otros intérpretes)


HumoresqueOp. 101, arreglo para orquestra de cordas ( 5´ )


Peer Gynt “, SuiteOp. 23, arreglo para orquestra de cordas ( 15´ )
A canción de Solveig  (Youtube por otros intérpretes)
No profundo do bosque de coníferas
A danza de Anitra
Na gruta do rei das montañas


Battalia 1673 C61 ( 15 ´ )
Presto I. A borracheira dos mosqueteiros
Presto II. A marcha
Presto III. O lamento dos caídos

21.10.14

Audición 367. DedosD2

Concerto na Casa da Cultura
Xoves 30 ás 20:15 horas.

 

 Curriculum dúo DedosD2


https://drive.google.com/file/d/0B6XG4sapiXgTTXZ6LS15bmxtd0k/view?usp=sharingCatro mans, dous pianos. Ese era o título dunha materia obligatoria cursada da man do mestre Constantino Pérez Muras durante os catro anos de estudos  no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Convértese nun mundo cheo de posibilidades, cun repertorio extensísimo e de grande interese, polo que no ano 2011, fundamos o noso dúo dedosd2 .
Comezamos o primeiro ano facendo unha xira de concertos en diferentes salas galegas e tamén dentro do ciclo de xoves intérpretes da fundacón Eutherpe, en León. Dada a experiencia positiva e a boa acollida por parte do público, decidimos, en 2012, especializarnos na materia estudando un módulo de formación co  pianista Josep Colom e masterclases con Imhre Rohman , ámbolos dous consumados especialistas neste tipo de agrupación.
Presentamos agora un novo programa de concerto con obras de autores como Sammuel Barber, Johannes Brahms, Wolfgang Amadeus Mozart e Francis Poulenc, entre outros.

Programa de concerto

I
Petite Suite                C. Debussy

    En bateau
    Cortège
    Menuet
    Ballet

Souvenirs op. 28 (Suite de ballet)     S. Barber

     Waltz
     Schottische
     Pas de deux
     Two-Step
     Hesitation-Tango
     Galop
II


Valses, Op. 39                J. Brahms


Sonata                 F. Poulenc
    Prelude
    Rustique
    Final

1.10.14

Balada Galega

Concerto na Casa da Cultura
Mércores 8 ás 20:15 horas.

Esperanza Iglesias (soprano) e Aurelio Chao (piano)




J. Antonio Moreno Fuentes- Rosalía de Castro.


Um repoludo gaiteiro
Vin-te uma clara noite
Acola enriba
Nosa snhora da barca
Teci soa a miña teia
Nasci quando as plantas nacen
Quisente tanto menina
Que bela te deu Deus!

 Joao Montes

As lixeiras anduriñas
Doce sono
Negra sombra
Lonxe da terriña
Unha noite na eira do trigo
O pensar do labrego



Programa en PDF


24.5.14

Audición 366. Zoar Ensemble.

28 de maio. 20:15 horas.
Casa da Cultura de Monforte de Lemos


www.zoar.es

 VOLTA AO MUNDO EN 80 MINUTOS


Zoar Ensemble é un conxunto de cámara estable e activo, con formación de quinteto de vento clásico. Xuntos dende 2009 teñen actuado nalgúns dos máisrepresentativos escearios galegos coma o Teatro Colón e o Centro Ágora da Coruña, o Jofre de Ferrol ou a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela participando en acontecimientos culturais de importancia como a entrega dos Premios da Cultura Galega, o LVI Festival da Ópera da Coruña, o Ciclo de Outono do Museo de Belas Artes ou o Ciclo de Músicas da Ilustración de Ferrol. Estrearon obras de compositores como Gabriel Bussi, Xabier Mariño, Òscar Àlvarez, Juan Durán e Paquito d’Rivera, e nun futuro de Federico Mosquera, Fernando Buide, e Óscar Navarro. Asemade complementan a súa actividade artística coa pedagóxica sendo profesores invitados aos encontros da Orquesta Clásica de Xove ou a Jove Orquesta Nacional de Catalunya.

Podedes atopar máis información na súa páxina web WWW.ZOAR.ES ou seguilos en:


www.facebook.es/www.zoar.es      @zoarensemble




PROGRAMA:

Zoar Ensemblre propón unha viaxe arredor do mundo recorrendo as músicas de diversos países:

  • Fuga e misterio.- Astor Piazzola
  • Vals Venezolano.- Paquito de Rivera
  • Habanera.- Maurice Ravel
  • Wapango.- Paquito de Rivera
  • A Nova Orleans.- Lalo Schiffrin
  • Tres preludios.- George Gershwin
  • Canto do arrieiro.- Carlos López García-Picos
  • Farruca.- Manuel de Falla
  • Claro de luna.- Claude Debussy
  • Humoresca.- Alexander Zemlisky
  • Cabalería rusticana.- Pietro Mascagny
  • Danzas Rumanas .- Bela Bartok
  • Marcha exipcia.- Johann Strauss Jr.
  • Os pais alevís na mesa Raki
  • Nun mercado persa.- Albert Ketelbey
  • A emperatriz das pagodas.- Maurice Ravel
Descargar programa en PDF

22.4.14

Entrevista con motivo do 64 aniversario.



Pódese acceder á entrevista emitida por Radio Principal Cadena Ser de Monforte o pasado día 21 de abril.

No apartado "Historia" desta web tedes as referencias de hemeroteca que reflicten a creación e primeiros pasos.

8.4.14

Audición 365. Jeremy Chaulk

14 de abril de 2014 
Casa da cultura de Monforte
20:15 horas 



 




Biografía

Jeremy Chaulk nació en Halifax, Nueva Escocia, en Canadá y reside actualmente en Montreal.
Además de actuar en distintas partes de Canadá, su carrera le ha llevado a muchos países como Austria, Bélgica, Alemania, Grecia, México, Países Bajos, Rumania, España y Estados Unidos. Fue grabado por la CBC para la Medici TV en una masterclass con Jean- Phillipe Collard, y actuó varias veces en la televisión en Halifax en su juventud. Recientemente participó en la grabación de un disco de música de cámara, que se lanzará pronto en la serie Compositores canadienses del sello Naxos.
Sus más recientes actuaciones fueron en el Festival Internacional de Música de Cámara de Salzburgo , el Festival de Nueva Música de Montreal, la serie "Young and pros " de la Salle Bourgie en Montreal, y como solista con la Orquesta Juvenil de Nueva Escocia.
Jeremy obtuvo el segundo premio en la primera edición del Concurso Internacional de Piano Alkan - Zimmermann en Atenas, una mención honorífica en el Concurso Internacional de Piano Ludmilla Knezkova, y ganó el primer premio en la final nacional del Concurso de Música de Canadá. Ganó el primer premio en el Festival du Royaume tanto en solitario como de música de cámara.
Jeremy está terminando su título de Doctor en Música bajo la dirección de Kyoko Hashimoto de la Universidad de McGill en Montreal, y tiene un título de Master y un diploma de artista de la misma institución. También estudió en el Conservatorio de Montreal, el Conservatorio de Utrecht en los Países Bajos, y ha realizado cursos en el Mozarteum de Salzburgo, Rencontres Internationales d'Enghien en Bélgica y el Orford Arts Centre.


Programa:
(Descanso)