5.3.18

Audición 400. OLD TIMERS JAZZ BAND de Praga





Venres 16 de marzo de 2018 ás 20,15 h.
Casa da Cultura – Poeta Lois Pereiro
OLD TIMERS JAZZ BAND de PRAGA


Director artístico y trompeta: Josef KRAJNÍK

O grupo de Dixieland OLD TIMERS JAZZ BAND é, na actualidade, o máis antigo da República Checa. Fundado hai cincuenta anos, no 1968, neste tempo realizou milleiros de concertos nas máis importantes salas. Ao igual cas lendarias agrupacións de Dixieland de Nova Orleans, o seu estilo caracterízase pola forma emotiva, improvisación, perfecta técnica e conxunción entre os seus compoñentes.
A fama acadada nos seus concertos e festivais na República Checa, abríronlle as portas ás salas europeas de Alemaña, Hungría e Romanía, primeiro e logo do cambio político do 1989, tamén a Italia, Austria, Luxemburgo, Irlanda, Holanda, España, … . Ten participado nos mellores festivais de Jazz, e gravado programas para Radio e Televisión de moitos países.
Cada un dos membros do grupo ,e solista do seu instrumento. O seu repertorio inclue unhas duascentas cincuenta pezas, dende temas tradicionais, Ragtime, Gospel, Dixieland, ata Swing dos anos 30. Dentro das súas actividades inclúe cada ano, concertos para xoves e escolas. Na actualidade realiza ao redor de cen concertos anuais, xa sexa en salas de concertos, festivais, teatros, clubs de jazz, hoteis de luxo, congresos, etc.

COMPOÑENTES DO GRUPO:

Josef Krajník:
trompeta,vocalista,director artístico
Rudol f Musil: clarinete, saxo - soprano y vocalista
Jaroslav Zelený: trombón,vocalista
Antonin Šturma: banjo, guitarra
Pavel Šlosar: contrabaixo
Petr Zimák: batería

PROGRAMA
Back home again in Indiana (B. Mc Donald J.F. Hanley)
Basin Street Blues (W. C. Handy)
Lady be Good (G. Gershwin, Ira Gershwin)
Rosetta (T.F. Waller)
It’s a long way to Tipperary (J. Judge, H. Williams)
Nevertheless (H. Ruby, Bert Kalmar)
Sommerset (Acker Bilk)
Eh, La Ba (folk song. Arr. Josef Krajnik
Down by the riverside (traditional, arr. Josef Krajnik)
.......
Bourbon Street Parade (P. Barbarin)
Old Ruqqued Cross (arr. Josef Krajnik)
Caravan (Juan Tizol, Irwing Mills)(
What a wonderful world (G.D. Weiss, G. Douglas)
Jambalaya – On the Bayo (Hank Williams)
Blueberry Hill (V. Rose, L. Stock)
Amorada (Waldir de Azevedo)
I’ve found a new baby (Roy Palmer, Spencer Williams)
When the Saints go marching in (trad. Arr. Josef Krajnik)

18.12.17

Audición 399. Familia Moryatov

Casa da cultura Poeta Lois Pereiro
26 de decembro 2017, 20:15 horas



https://drive.google.com/file/d/1Q-KsFamz3uNa6QHWrkq_G66Fvq1DQnQz/view?usp=sharing



CONCERTO DE NADAL



Trío Familia Moryatov.- A peculiaridade deste trío, creado en 1988 en San Petersburgo, reside en que os seus membros están unidos non só pola música senón tamén por lazos familiares. A agrupación deu moitos concertos en España, Portugal, Rusia... Tódolos membros da familia contan con varios CDs gravados.

Valery Moryatov, o pai de familia, toca o violonchelo. Estudou no Conservatorio Estatal de San Petersburgo. Foi gañador do Concurso da URSS (1968). Dende 1974 ata 1992 foi membro por oposición da Orquestra Sinfónica do Teatro de Ópera e Ballet Mariinsky de San Petersburgo. Veu a España en 1992 despois de aprobar as oposicións para a Orquestra Sinfónica de Galicia. Actualmente é Profesor Superior no Conservatorio de Fingoi (Lugo) e Narón. Os seus alumnos lograron varios premios en distintas competicións. Realiza a súa actividade como solista en moitas destacadas agrupacións de música clásica en Galicia. Dirixe o coro de Melide dende 1996. Actualmente é director do recentemente creado Centro Musical “Kalinka” na Coruña.

Irina Moryatova, a nai, é a pianista. Graduouse no Conservatorio Estatal de San Petersburgo co Premio de Honor. Dende os 18 anos consagrou a súa vida á ensinanza e os seus alumnos lograron premios en moitos concursos.. Deu Clases Maxistrais en España e Portugal. Participou en varios Festivais Musicais.

Como pianista, ofreceu moitos concertos como solista e de música de cámara, colabora ca Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Santiago e Amigos da Ópera. Na actualidade está considerada como unha das pianistas máis destacadas residentes na Comunidade Autónoma Galega. Dende 2006 é profesora do Conservatorio Superior da Coruña por oposición. Fai adaptacións das obras para varias agrupación, xa son máis de cen.




Mijail Moryatov, o fillo, é un dos violinistas de maior proxección e prestixio residentes actualmente en España, naceu en Rusia e aos cinco anos comezou a sua carreira violinística, despois de estudar cos profesores máis ilustres e eminentes de San Petersburgo(Rusia). No 1986 superou as probas de acceso á Escola superior de Conservatorio de San Petersburgo, que rematou coas máis altas cualificacións no 1994. Así e todo dou anos antes, no 1992, aprobou as oposicións para a O.S.G. con tan só 17 anos, o que fixo que fora o membro máis novo de dita formación. Desde ea data vive e traballa en Galicia. Nos anos 1994 -1996, foi profesor no conservatorio de Ferrol , asemade no tempo que leva vivindo en Galicia, desenvolveu un importante labor docente por toda a Comunidade.

Mijail Moryatov, foi gañador e finalista dos prestixiosos concursos internacionais de violín celebrados en España nos anos 1996 e 1997. Foi o creador e director único da Orquestra Solistas de Galicia, así como dos destacados grupos Lira, Cantábile, Noite na auga e Fantasía, cos que realiza uns 40 concertos anuais por toda España facendo concertos tamén como solista. Ten tres CD´s gravados: Aire Fresco (2001); Galicia no meu corazón (2006) e Música mundi (2010).




PROGRAMA
I


P. I.THAYKOVSKY (1840-1893)

- MESES DO ANO (Versión para trío)

1.- Febreiro ………………………………………………… Carnaval

2.- Abril …………………………………………...…. Frol das neves

3.- Outubro …………………………………….. Canción de outono

4.- Decembro …………………………………………………. Nadal

- DE “A BELA ADORMECIDA” …….. ………..…….Solo de Violoncelo

- MEDITACIÓN OP.72 Nº5 ……………………………………. Para Piano

- DO “LAGO DOS CISNES” ……………...……. Danza rusa para Violín




II




- J. BRAHMS …………………………………….. Danza Hüngara Nº6

- A. PIAZZOLLA …………………………………………..……… Oblivión

- A. PIAZZOLLA ………………………………………………... Libertango

- S. JOPLIN ……………………………………………………….. Ragtime

- I. BERLIN ………………………………………………... Blanca Navidad

- V. MONTI ………………………………………………………… Czardas

- J. STRAUSS …………………. VALS “ Fermoso Danubio Azul” OP.314


.





8.12.17

Concerto de Piano. Aida Saco Beiroa

Sábado 16 de decembro 20:00 horas
Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro


Colabora: Sociedad Filarmónica de Monforte

Descargar Programa de mano.



27.11.17

Audición 397. Cuarteto con piano


1 de decembro. 20:15 horas
Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro

CUARTETO CON PIANO


Grigori Nedobora .…………………...…… violín
Timur Sadikov ……………….…………..… viola
Barbara Switalska ………………..………..cello
Ilona Timchenko ……………….………..… piano




PROGRAMA

Parte I 

J. S. BACH

Trio Sonata de la ofrenda musical. BWV 1079


W.A. MOZART

Piano Cuarteto en sol menor (1er Mvto.)


R. SCHUMAN

Piano Cuarteto (2º Mvto.)



Parte II


G. FAURÉ

Piano Cuarteto, nº 1 (Final)


J. BRAHMS

Piano Cuarteto, nº 1 en sol menor

(Final Rondo alla Zingarese)


G. MAHLER

Piano Cuarteto en la menor

20.10.17

Audición 396. Caspervek Trío

Martes 31 de outubro
20:15 horas
Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro

 https://drive.google.com/open?id=0B6XG4sapiXgTUnFJblNGQnZRMlU 


Caspervek Trio naceu en 2013 dentro do Conservatorio de Música de Vigo, cando dous dos seus membros, e Blas Brais González Castañer, musicalizar xuntos para vivir o clásico Friedrich Wilhelm Murnau "Nosferatu". Tras esta primeira presentación, que se xunta ao grupo Eduards Vecbastiks violinista. Xuntos, eles comezan a explorar o legado cinematográfico dos anos 20 e nos primeiros cinco meses de vida estreou cinco bandas sonoras para clásicos do cine mudo. Esta estrea meteórica colócase como "a gran sorpresa de 2014", en palabras da prensa.

O grupo diversifica a súa proposta escénica e comeza a realizar as súas propias obras audiovisuais. No verán de 2014, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela ea cidade de Lalín libera "Omnes", unha sinfonía visual en 9 movementos enteiramente polas ofertas de grupo con temas diferentes 11882352 529237513900149 9002306570705696090 oreferentes á violencia de xénero e discriminación. Aquel mesmo verán, o trío estrea nos dous festivais importantes e moi distintas, como a Vía Stellae de Santiago de Compostela (con foco en música antiga, onde o grupo ofrece a súa versión de varios barroco clásico) e festival de música alternativa SinSal.

En 2015 o trio fixo a súa primeira xira europea en máis de 10 países do vello continente tocando en escenarios importantes da cultura europea como o Museo Nacional de Arte de Estoniana, a Baltais Auditorio Fligelis de Letonia ou Flux Gallery Budapest. No verán de 2015, Caspervek ofrece 6 películas en The Urban Praia Cinema (Madrid), un dos cines máis exterior España recollendo miles de persoas para presenciar as súas versións de clásicos como "As Aventuras do Príncipe Achmed" "O Gabinete do Doutor Caligari" ou "Amanecer".

A formación clásica dos seus compoñentes, xunto co uso de recursos de jazz, minimalismo, música electrónica ou popular compoñen a paisaxe sonora Caspervek Trio. Esta pantalla musical serve como unha ferramenta para construír o seu propio escenario performativa onde a percepción sensorial e sinestesia xogan un papel fundamental.

Caspervek Trio tamén realiza un traballo educativo e pedagóxico importante, traer o patrimonio cinematográfico para os máis novos. Proba diso son os ciclos realizados co Museo de Arte Contemporánea de A Coruña ou Festival da primavera facer Cine de Vigo.

10.10.17

OTXOTE EGUZKILORE

11-10-2017
20:15 horas
Igrexa dos Escolapios

OTXOTE EGUZKILORE
Cofradía Vasca de Gastronomía
Gastronomiazko Euskal Anariartea