14.6.23

Audición 428: Bleuenn Le Friec


Martes 27 de xuño ás 20:15 horas

Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro


CONCERTO DE ARPA CELTA



BLEUENN LE FRIEC


Empeza a tocar a arpa celta con 6 anos na súa Bretaña natal. No 2004, termina os seus estudos de música tradicional e obtén a súa licenciatura de Musicoloxia na Universidade de Rennes. De 2004 a 2009, realiza os estudos de arpa clásica coa arpista Frédérique Cambreling no Centro Superior de Música do País Vasco -Musikene- en San Sebastian. Máis tarde, completa a súa formación en Alemaña nos conservatorios de Detmold e Frankfurt con Godelieve Schrama e Françoise Friedrich. Durante os seus estudos, forma parte da JONDE (Xove Orquesta Nacional de España) e de formación orquestais europeas coma o Gustav Mahler Jugendorchester, o Verbier Festival Orchestra e a Academia do Festival de Lucerna ca cal ten a oportunidade de tocar de solista baixo a dirección de Pierre Boulez. De 2011 a 2013, foi arpista solista da Neubrandenburger Philharmonie en Alemaña.


Actualmente comparte o seu tempo entre a interpretación e a docencia. Toca regularmente como arpista invitada con diversas orquestas (Real Filharmonía de Galicia, Orquesta Sinfónica de Galicia, Gran Teatre del Liceu, Orquesta Nacional de España, Ensemble Intercontemporain, ...). Forma parte do dúo de frauta e arpa Duo Finisterrae co frautista compostelán André Cebrián e é membro fundador do ensemble de cámara Natalia Ensemble. Paralelamente colabora con diversos músicos do panorama da música tradicional galega como Zumaque, Carlos Núñez, Uxía ou Xoan Curiel.


NOTAS AO PROGRAMA: 

    Con este programa, gustaríame presentar as mútiples facetas da arpa celta. Este instrumento milenario, intimamente ligado ao repertorio tradicional da música celta ten, máis alá dese aspecto, unha versatilidade insospeitada Hoxe en día é unha fonte de inspiración para numerosos compositores contemporáneos, seducidos pola súa figura e os seus infinitos recursos sonoros. Ao longo do concerto, teremos a oportunidade de escoitar a arpa celta nos distintos repertorios propios deste instrumento e poderemos adentrarnos no seu gran abano de expresividade.



Bleuenn Le Friec

 

PROGRAMA



1.- Gwerz Penmarc’h - Lavaromp ar Chapeled. (Tradicional bretón. Arranxo, Dominig Bouchaud)

2.- Plinn (Tradicional bretón. Arranxo, Bleuenn Le Friec)

3.- La falaise de St. Efflam (Mariuannig Larc’hantec)

4.- Marv eo ma mestrez (Canción bretona) - Harpo (Tristan Le Govic) 

5.- Ilia (Philippe Mabboux)

6.- Fantasia que contrahaze la harpa en la manera de Ludovico (Alonso Mudarra)

7.- Suite Irlandesa: (a.- O’Carolan Concerto, b.- Women of Ireland, c.- Huish the cat, d.- Castle Kelly)

8.- Two Sisters (Tradicional escocesa)

9.- Discorde (Dominig Bouchaud)


No hay comentarios:

Publicar un comentario