29-12-25, 20:15 horas,
Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro
Anteriormente se había anunciado la actuación junto a Emilia Pérez pero por motivos de salud actuará Lucas López junto al pianista Miguel Valls.
Entrevista en Ondacero Monforte a Lucas López y Antonio Prado.
LUCAS LÓPEZ LÓPEZ, BARÍTONO
MIGUEL VALLS MARTÍNEZ, Piano
Lucas López López:
Nado no ano 2000, Lucas López é graduado superior en piano e canto polo Conservatorio Superior de Música de Vigo. Actualmente continúa os seus estudios de canto na Zürcher Hochschule der Künste (Suiza) baixo a tutela do tenor Werner Güra. Obtivo o 1º premio no VIII Concurso de Solistas del CSMVigo. Tamén foi gañador das XXIV e XXV edicións do Concurso Mirna Lacambra, debutando así na temporada de Òpera a Catalunya. Recentemente acadou o Premio Andrés Gaos no VI Concurso de Canto Compostela Lírica, así como diferentes galardóns no XVI Concours International de la Mélodie de Gordes.
Formou parte da Ton Koopman Academy en Den Haag, Holanda, ademáis de ser membro da Bachcelona Akademie. Participou en ciclos de concertos como o International M.K. Festival Ciurlionis en Palanga (Lituania), “Música para una época” do Museo de Belas Artes de A Coruña; “Músicas abertas”, da Banda Municipal de Santiago de Compostela; ou “Novas voces galegas”, de Amigos da Ópera de A Coruña. Protagonizou produccións de Die Zabuberflöte, Il barbiere di Siviglia, The telephone, Il segreto di Susanna, Dido and Aeneas, Carmina Burana e The echanted Pig, entre outros títulos.
Miguel Valls Martínez
Graduado superior na especialidade de piano polo Conservatorio Superior de Música da Coruña, dende moi cedo centra a súa atención no eido da música de cámara e o acompañamento pianístico.
En Coruña estudia coa pianista Anna Mirzoyan e posteriormente trasládase a Utrecht para estudiar con Alan Weiss.
Como pianista acompañante participa en diversos cursos, ciclos de música de cámara e concursos.
Recibe formación de pianistas como Robert Shugarov, Levon Hovsepian, Albert Attenelle, Domenico Codispoti, Jeremy Chaulk y Sebastián Colombo.
Dende o ano 2019 é funcionario de carreira do corpo de profesores de música e artes escénicas no conservatorio profesional de Santiago de Compostela
Programa
Neue Liebe (de Mörike-Lieder) Hugo Wolf (1860 - 1903)
Ridonami la calma Paolo Tosti (1846 - 1916)
So we'll go no more a roving Maud Valérie White (1855 - 1937)
Album für die Jugend Op.68 nº30 Robert Schumann (1810 – 1856) piano solo
L'orage c'est calmé (de Pêcheurs de perles) Georges Bizet (1838 - 1875)
Warm as the autumn light (de Ballad of Baby Doe) Douglas Moore (1893 - 1969)
Ein Traum (de 6 Lieder op. 48) Edvard Grieg (1843 - 1907)
Cántiga do neno da tenda (de Seis poemas galegos) Isidro Maiztegui (1905 - 1996)
Cuba dentro de un piano (de Cinco canciones negras) Xavier Monstalvatge (1912 - 2002)
Danza de la moza donosa (de Danzas argentinas op.2)
Alberto Ginastera (1916 – 1983) piano solo
Dile (de Don Manolito) Pablo Sorozabal (1897 - 1988)
Luché la fe por el triunfo (de Luisa Fernanda) Federico Moreno Torroba (1891 - 1982)

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.