21-10-2007
A Sociedade Filarmónica de Monforte inicia o martes
a temporada 2007-2008 cun concerto extraordinario a cargo da Orquesta
Filharmónica de Kazajistán. Composto de 75 músicos dirixidos por Aidar
Toribaez e con Aiman Mussajodzhaeva como solista de violín, este grupo
actuará no espléndido marco da igrexa da Compañía.
O programa comprende «Capricho sobre Jota
Aragonesa» de Glinka, compositor ruso gran admirador da nosa música
popular. Continuará con concerto para violín e orquesta ópera 53 de
Dvorak, cos seus tres movementos clásicos: un allegro ma non tropp o, tempo rápido inicial; un adagio central , que enlaza directamente co anterior de gran beleza, e o allegro giocoso final con reminiscencias de folclore checo. Os dous últimos movementos levan tamén apelido de «ma non troppo».
A segunda parte está integrada pola sinfonía número
5 ópera 64 de Tchaikovski, obra non tan coñecida pero interesante. O
primeiro movemento adagio-allegro con anima empeza cun tema un
tanto sombrío que se repite cíclicamente ao londo da obra. A
continuación sucédese un Andante Cantabile con algunha licenza de fortes
contrastes melódicos e dinámicos; o allegro Moderato en ritmo de vals, elegante como todos os do autor, e o allegro vivace cunha introducción en andante maestoso
, un vasto mosaico final que adopta distintas formas, entre elas a
duhna gran coral que deu logar as distintas interpretacións sobre as
intencións do autor.
A Sociedade Filarmónica ofrece este concerto de
forma gratuíta, grazas ás colaboracións habituais pero de forma especial
para esta ocasión a concedida pola sociedade anónima de xestión do Plan
Xacobeo co apoio do alcalde de Monforte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario