DÚO DE SAXOFÓNS
Dun tempo a esta parte a Sociedad Filarmónica propúxose incluír dentro da súa programación algún concerto "distinto", é dicir que se tratase: dun grupo que empeza, dunha formación pouco habitual, ou ben que dentro dos seus músicos houbese algún da comarca.
Pois ben, estas circunstancias dánse neste concerto, xa que logo, efectivamente é un grupo que está empezando, non é unha formación habitual (dous saxos) e un dos membros, Sara é, da terra de músicos da zona, de Sober.
A formación nace do interese de
indagar sobre o repertorio para dous de saxofóns. Como dúo iniciaron a
súa actividade o pasado 2014 na XVII Semana Musical Aita Donostia
(San Sebastián). Dende ese momento, participaron na segunda edición
do Festival ME_MMIX (Festival de Música Electrónica, Música Mixta
e Vídeo Proiección) de Palma de Mallorca e ofreceron recitais en
Sober e no seno do Mallorca Saxophone Studio.
GUILLERMO PRESA
(Donostia- San Sebastián, 1990) Inicia
os seus estudos musicais na escola de música Musikabi. Cursa o Grao
Profesional nos Conservatorios Francisco Escudero de Donostia e Juan
Crisóstomo de Arriaga de Bilbao. No 2011 é galardoado co segundo
premio ex–aequo no Concurso Xóvenes Músicos de Euskadi, modalidade
Vento- Madeira.
Actualmente cursa os seus estudos de
Grao Superior de Música no Conservatorio Superior de Música das
Illas Baleares cos mestres Rodrigo Vila, David Brutti e Yuko
Mizutani, onde ademáis recibe clases de Jean-Marie Londeix,
Marie-Bernadette Charrier, Mario Caroli, Marcus Weiss, Lars Mlekusch,
Richard Ducros, Jeffrey E. Vicers, Joonathan Rautiola e Daniel
Gautier, e de compositores como Mauricio Sotelo, Félix Ibarrondo,
Christian Lauba, François Rossé e Etienne Rolin.
Como integrante do Mallorca Saxophone
Ensemble ofreceu concertos en Madrid, Lisboa, Zaragoza, Vigo e
Mallorca. Participou no Mallorca Saxophone Festival dende a súa
cuarta edición (2012).
SARA MÉNDEZ
(Sober, Lugo, 1993) Inicia os seus
estudos musicais na Escola de Música da súa localidade. Realiza o
Grao Elemental e o Grao Profesional no Conservatorio Profesional de
Música de Ourense, da man de Emilio José Vázquez Rodríguez, onde
obtén o premio extraordinario de fin de grao.
Actualmente continúa coa súa
formación no Conservatorio Superior de Música das Illas Baleares,
no seno do Mallorca Saxophone Studio, baixo a tutela de Rodrigo Vila,
David Brutti e Yuko Mizutani.
Recibiu clases de persoas destacados no
mundo musical e saxofonístico como Jean-Marie Londeix,
Marie-Bernadette Charrier, Marcus Weiss, Lars Mlekusch, Daniel
Gautier, Joonatan Rautiola, Jeff Vickers ou Richard Ducros; do
flautista italiano Mario Caroli e de compositores como Mauricio
Sotelo, Christian Lauba, Félix Ibarrondo, François Rossé ou
Etienne Rolin.
Forma parte do actual Mallorca
Saxophone Ensemble, institución coa cal tivo a oportunidade de
actuar en diferentes escenarios tanto nacionais como internacionais:
Madrid, Lisboa, Zaragoza, Vigo ou Mallorca.
Dende o ano 2012 participa no Mallorca
Saxophone Festival. Colaborou no concerto-presentación do Ensemble
Galego de Saxofóns, coa Orquesta Sinfónica do CSIB e coa Orquesta
Sinfónica das Illas Baleares.
Canons Mélodieux ou VI. Sonates en
Duo: Georg Philipp Telemann (1681-1767)
Sonata I (1738)
- Vivace
- Adagio
- Allegro
Duetto TWV 40:107 (1728)
- Affettuoso
- Allegro
- Andante
- Presto
Konzertstück für Zwei Altosaxophone
(1933) Paul Hindemith (1895-1963)
- Lebhaft
- Mässig langsam
- Lebhaft
-Pausa-
Saxophonesques (1934)
Fernande Decruck (1896-1954)
Dúos, Op. 186 (1942)
Charles Koechlin (1867- 1950)
Sonata (1918)
Francis Poulenc (1899-1963)
- Presto
- Andante
- Vif
No hay comentarios:
Publicar un comentario