ás 20,15 h.
Casa da Cultura de Monforte.
COMPOÑENTES
Alejandro Troya | Director | |
Tania Balboa, Oboe | Miguel A. Díaz. Clarinete | |
Santiago Noriega, Clarinete | María Losada. Fagot | |
Cristina Díaz, Frauta | Araceli Martínez. Contrabaixo | |
Cristina Nogueira, Violonchelo | Carlos Vázquez. Percusión | |
Moisés López, Trompa e acordeón |
LUCUS
ENSEMBLE,
nace a inicios do ano 2014
froito da inquietude musical dos seus fundadores, a violonchelista
pontevedresa Cristina Nogueira e o clarinetista viveirense Santiago
Noriega.
Despois de
coincidir en diversos concertos benéficos, pensan na posibilidade de
crear una formación estable na capital lucense para o
desenvolvemento de proxectos musicais adaptados para grupo de cámara
mixto vento-corda.
Propóñenlle
levar a dirección musical da agrupación ao mestre valenciano
Alejandro Troya, o cal se fará cargo tamén, xunto có trompetista
Moisés López, de ultimar as adaptacións e arranxos do programa.
Cun
plantel fixo de dez músicos e diversos proxectos de futuro, LUCUS
ENSEMBLE, nace coa intención de facerse un oco no elenco de grupos
de cámara de Galicia
ALEJANDRO
TROYA,
nace en Benissanó (Valencia)
e na banda da súa localidade natal comenza os seus estudos de
saxofón pasando posteriormente ao conservatorio de Lliria, onde
remata os estudos de grao profesional, obtendo o premio de fin de
grao.
Continúa
no conservatorio Joaquín Rodrigo de Valencia, onde acaba os seus
estudos superiores e gaña o premio de fin de carreira na
especialidade de saxofón. Participa en diferentes concursos entre os
que cabe destacar o primeiro premio no concurso internacional da
Universidade Europa do saxofón.
Colabora
con numerosas bandas realizando grabacións para RTTV e RTVE.
Realiza
cursos de dirección de banda con Mestres da talla de Jan Cober ou
Norman Milanés.
Na
actualidade é profesor da saxofón no conservatorio Superior de
Música de Vigo, director de Murajazz Bigband e de Lucus Ensemble.
- Sonata para violonchelo en Do maior Op. 43 nº 2, Bernhard Romberg
- Moderato quasi marcía
- Minuetto
- Andante con moto
- Finale: Allegro molto
PAUSA
- Oblivion, Astor Piazzola
- Libertango, Astor Piazzola
- Tango pour Claude, Richard Galiano
(Los enlaces a vídeos corresponden a interpretaciones de las obras del programa por autores distintos al Lucus Ensemble, con intención meramente ilustrativa)
No hay comentarios:
Publicar un comentario