Sábado 4 de Xullo de 2015
Casa da cultura, 20:15 horas
"Coro Joven de la Orquesta Sinfónica de Galicia"
O “Coro Joven de la OSG”,
que se presentou en público en xuño de 2005 en A Coruña, supón a
posta en marcha do último dos apartados do proxecto orquestral e
coral galego, tras a consolidación do Coro e dos “Niños
Cantores” da OSG.
Desde entón participou en varios
proxectos coa Orquestra Sinfónica de Galicia entre os que destaca a
súa presenza na Balada dos heroes de Britten, a execución
de Stepan Ranzi de Shostakóvich e a máis recente de Carmina
Burana no 15 aniversario da OSG, así como en decembro de 2007
formou parte xunto co Coro da OSG, do Mesías participativo de La
Caixa, na Catedral de Santiago de Compostela. En 2011 o “Coro
Joven” participou xunto ao Coro da OSG na Cantata de Nadal de
Honegger e o Carmina Burana participativo do Festival Mozart de A
Coruña.
Ademais de colaborar nos concertos co
Coro e a Orquestra Sinfónica de Galicia, ofrece con regularidade
concertos a capella en diferentes localidades da comunidade galega.
Neste último ano participou en diversos concertos de Nadal, no XXVI
Encontro de Música Relixiosa de A Coruña e xunto a Carlos
Núñez e o “Coro de Manos Blancas” na conferencia
ofrecida polo Nobel da Paz Kailash Satyarthi entre
outros eventos.
Daniel García Artés:
Compaxina o seu labor de director do
“Coro Joven de la OSG” coa docencia na “Escuela
de músicos” de A Coruña. É director e fundador do
grupo vocal “El acorde secreto” e dirixe tamén o “CoroOrfeón Herculino” e o “Coro Sancta María Maris”.
Programa: (Descargar en pdf)
- O Sacrum convivium - L. Molfino (1916-2012)
- Locus iste - A. Bruckner (1824-1896)
- In monte oliveti - J. Naujalis (1869-1934)
- Swing Low - Espiritual
- Fine knaks for ladies - J. Dowland (1563-1626)
- Juego de Tronos - R. Djawadi (1974-)
- Don't sit under the apple tree - Glenn Miller (1904-1944)
- The show must go on - F. Mercury (1946-1991)
- Dancing Queen - ABBA
No hay comentarios:
Publicar un comentario