16.5.17

Audición 393. II Concerto debutantes


Xoves 25 de maio de 2017 ás 20,15 h.
CASA DA CULTURA - Poeta LOIS PEREIRO

Entrada libre ata completar aforo.



https://drive.google.com/open?id=0B6XG4sapiXgTOEIydGdYMkNUNjg

ALDARA OTERO FERNÁNDEZ,    violín
MARÍA GUEDELLA LÓPEZ,   guitarra
DYANGO PÉREZ RODRÍGUEZ,  percusión
SANTIAGO ALONSO BARTOLOMÉ,  saxofón
 

II CONCERTO DEBUTANTES



Este II concerto debutantes, establécese no marco de colaboración entre a Sociedade Filarmónica de Monforte, o propio conservatorio municipal e a concellería de educación do Concello de Monforte. Nel participarán alumnos/as que neste último curso lectivo 2016/17 acaban de rematar os estudos de grao profesional



CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA “MESTRE IBÁÑEZ”

O conservatorio profesional de música “Mestre Ibáñez”, dependente do Concello de Monforte de Lemos, inicia a súa andaina no eido da educación musical en outubro do ano 2000. Podemos dicir que aínda que se trata de un conservatorio municipal, o seu ámbito é claramente comarcal, non en balde fórmanse nel alumnos de tódolos Concellos limítrofes con Monforte, así como da zona de Sarria, Chantada, Valdeorras e incluso O Bierzo.

O centro conta con 10 profesores de distintas especialidades e dende a súa apertura ata data actual, uns 600 alumnos recibiron formación académica neste centro.

No conservatorio municipal de Monforte pódese acadar o certificado de grao elemental e o título de grao profesional en música.

Actualmente neste centro pódense estudar as especialidades de Piano, Violín, Viola, Guitarra, Clarinete, Frauta, Saxofón, Trompeta, Trombón, Tuba, Bombardino e Percusión.

ALDARA OTERO FERNÁNDEZ, Nada en Monforte de Lemos no ano 1999, inicia os seus estudos no Conservatorio Mestre Ibáñez aos 8 anos baixo a ensinanza de Diana Rego Marín e posteriormente de Miguel Álvarez Fernández, profesor con quen remata os estudos de grao profesional de violín. Recibiu clases tamén de Anca Smeu, Massimo Spadanno e Grigori Nedobora

- Sarabanda de la Partita 2------J.S Bach. (Ao piano: Lucas López López)

- Malagueña-----------Pablo de Saratate (Ao piano: Lucas López López)

- 2º mvto. concerto para violín----Max Bruch (Ao piano: Mª Jesús Santalla López) 





MARÍA GUEDELLA LÓPEZ, Nace en Monforte de Lemos no ano 1999. Comeza os seus estudos musicais ós 8 anos de idade no Conservatorio Profesional de Música “Mestre Ibáñez”,onde remata os estudos profesionais de guitarra co profesor Andrés Campanario Rodríguez



- Woven World------------------------------------------------------------------------ Andrew York

- Agua e Vinho-----Egberto Gismonti (Con: Andrés Campanario Rodríguez)

- Danza de la Vida Breve---Manuel de Falla (Con: Andrés Campanario Rodríguez)


 


SANTIAGO ALONSO BARTOLOMÉ, Nado en Monforte de Lemos no ano 1998. Inicia aos 8 anos os seus estudos de saxofón no Conservatorio Mestre Ibáñez, onde remata os estudos de grao profesional co profesor Alberto Loureiro Casas.


- Fantasía ----------------------------------------------- J. Demersseman

- Suit Hellénique ---------------------------------------------- P. Iturralde

  • I.-Kalamatianos
  •  II.-Funky
  •  III.- Vals
  •  IV.-Kritis

Acompañado ao piano por Lucas López López






DYANGO PÉREZ RODRÍGUEZ
Nado en Santa Cruz de Tenerife no ano 1986. Comeza a súa formación musical na escola de música de Sarria a idade de 11 anos. No ano 2005 inicia os estudos profesionais de Percusión no conservatorio de Lugo. No ano 2015 ingresa no conservatorio Mestre Ibáñez de Monforte para rematar os seus estudos de grao profesional co profesor José Luis García.

Asistiu a cursos formativos con Marcus Leoson, José Antonio Trigueros e Manel Ramada entre outros. Participou en diversos concertos coa banda da federación galega de bandas de música.

- Preludio da Suite nº1 en Sol M (marimba)----------------------------------------- J.S.Bach

- Snare drum – suite (caixa)------------------------------------------------------- Siegfried fink

I.- intrada: II.- tocata: III.- mista; IV.- marcia

- Michi (marimba)------------------------------------------------------------------------ Keiko Abe

- The Love Of L'Histoire (multipercusión)------------------------------- Charles DeLancey



No hay comentarios:

Publicar un comentario