7.5.17

Audición 393. DÚO FINISTERRAE frauta e arpa



Venres 12 de maio de 2017 ás 20,15 h.

Casa da Cultura – Poeta Lois Pereiro


DÚO FINISTERRAE

frauta e arpa 

https://drive.google.com/open?id=0B_rPVQJ3bTqoMjBHVENtR185V2s

DÚO FINISTERRAE
André Cebrián, frauta
Bleuenn Le Friec, arpa


O dúo de frauta e arpa Finisterrae nace en 2008 na Hochschule für Musik Detmold, en Alemaña, onde André e Bleuenn completan os seus estudos superiores. A súa formación musical lévalles a estudar nos corservatorios de Santiago de Compostela, Salamanca, San Sebastián, París e Frankfurt cos profesores máis prestixiosos do panorama musical actual. Ámbolos dous forman parte da JONDE (Joven Orquesta Nacional de España) e da GMJO (Gustav Mahler Jugendorchester) o que lles dá a oportunidade de tocar nas salas de concertos europeas máis importantes (Musikverein de Viena, Royal Albert Hall de Londres, Teatro San Carlo de Nápoles, Conceertgebouw de Amsterdam ou Tonhalle de Zurich). Así mesmo é frecuente a súa participación coas Orquestras de Galicia, Castela e León, Euskadi, Cataluña, Canarias, Liverpool e nas óperas de Frankfurt, Dresden e Barcelona.

Tendo participado en diferentes festivais en Francia, Alemaña, Suiza e España (Vía Stellae, Portos Xacobeos, Fstival de Segovia, Música en Compostela, Festival Musique Clasique de Montreux). No 2010 foron seleccionados polo INJUVE (Instituto da la Juventud de España), para realizar numerosos concertos por toda España, No 2015, participaron no Concurso Internacional de Música de Cámara Antón García Abril acadando o terceiro premio ex aequo, así como o primeiro premio á mellor interpretación dunha obra de A. García Abrìl, pola obra “ Tres Vuelos”, nese mesmo ano foron premiados no Ciclo “ El Primer Auditorio” da Fundación Piú Mosso.

A súa faceta como interpretes non se limita a formación do dúo, xa que logo e habitual escoitalos con outros tipos de formacións, como no de frauta, viola e arpa ou o Natalia Ensemble. Así mesmo André e Bleuenn coa colaboración do clarinetista Angelo Montanaro e baixo a dirección escénica de Ana Vallés, son os protagonistas de “Otra noche en la Opera” un espectáculo músico-teatral, onde asumen un papel máis didáctico co obxectivo de achegar a música clásica a todo tipo de público.

Na actualidade Bleuenn e André compaxinan a actividade concertística coa docencia na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela e no Conservatorio Superior de Mùsica de Aragòn

.
I
Cafè (1930) …………….…………....A. PIAZZOLLA (1921 – 1992)
Mim …………...………………………..…. Z. JONÁK (1917 – 1995)
Danse Lente …...………………………. J. JONGEN (1873 – 1953)
Syrinx …………...……………………. C. DEBUSSY (1862 – 1918)
Baeu Soir …………………………….. C. DEBUSSY (1862 – 1918)


II
Chanson dans la nuit ……………… C. SALZEDO (1885 – 1961)
Sérénade nº 10 …………..……. (V. PERSICHETTI (1915 – 1987)
Vals ………………………………………………..….. J. VILA (1987)
Bordel (1900) …………………….… A. PIAZZOLLA (1921 – 1992)


No hay comentarios:

Publicar un comentario