26.12.18

Audición 411. Trío Familia Moriatov

27-12-18 ás 20:15 horas
Casa da cultura Poeta Lois Pereiro



https://drive.google.com/open?id=1M_CcCsyh06VSRcWGrfkci9HO8IJUhkK5


TRÍO FAMILIA MORIATOV

A peculiaridade deste trío, creado en 1988 en San Petersburgo, reside en que os seus membros están unidos non só pola música senón tamén por lazos familiares. A agrupación deu moitos concertos en España, Portugal, Rusia... Tódolos membros da familia contan con varios CDs gravados.

Valery Moryatov, o pai de familia, toca o violonchelo. Estudou no Conservatorio Estatal de San Petersburgo. Foi gañador do Concurso da URSS (1968). Dende 1974 ata 1992 foi membro por oposición da Orquestra Sinfónica do Teatro de Ópera e Ballet Mariinsky de San Petersburgo. Veu a España en 1992 despois de aprobar as oposicións para a Orquestra Sinfónica de Galicia. Actualmente é Profesor Superior no Conservatorio de Fingoi (Lugo) e Narón. Os seus alumnos lograron varios premios en distintas competicións. Realiza a súa actividade como solista en moitas destacadas agrupacións de música clásica en Galicia. Dirixe o coro de Melide dende 1996. Actualmente é director do Centro Musical “Kalinka” na Coruña.

Irina Moryatova, a nai, é a pianista. Graduouse no Conservatorio Estatal de San Petersburgo co Premio de Honor. Dende os 18 anos consagrou a súa vida á ensinanza e os seus alumnos lograron premios en moitos concursos. Deu clases maxistrais en España e Portugal. Participou en varios festivais musicais.

Como pianista, ofreceu moitos concertos como solista e de música de cámara, colabora ca Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Santiago e Amigos da Ópera. Na actualidade está considerada como unha das pianistas máis destacadas residentes na comunidade autónoma galega. Dende 2006 é profesora do Conservatorio Superior da Coruña por oposición. Fai adaptacións das obras para varias agrupacións, xa son máis de cen.




Mijail Moryatov,
o fillo, é un dos violinistas de maior proxección e prestixio residentes actualmente en España. Naceu en Rusia e aos cinco anos comezou a súa carreira violinística, despois de estudar cos profesores máis ilustres e eminentes de San Petersburgo(Rusia). No 1986 superou as probas de acceso á Escola Superior do Conservatorio de San Petersburgo, que rematou coas máis altas cualificacións no 1994. Nembargantes dous anos antes, no 1992, aprobou as oposicións para a O.S.G. con tan só 17 anos, o que fixo que fora o membro máis novo de dita formación. Dende esa data vive e traballa en Galicia. Nos anos 1994 -1996, foi profesor no conservatorio de Ferrol , asemade no tempo que leva vivindo en Galicia, desenvolveu un importante labor docente por toda a Comunidade. Mijail Moryatov, foi gañador e finalista dos prestixiosos concursos internacionais de violín celebrados en España nos anos 1996 e 1997. Foi o creador e director único da Orquestra Solistas de Galicia, así como dos destacados grupos Lira, Cantábile, Noite na auga e Fantasía, cos que realiza uns 40 concertos anuais por toda España facendo concertos tamén como solista. Ten tres CD´s gravados: Aire Fresco (2001); Galicia no meu corazón (2006) e Música mundi (2010).





G. CACCINI
…………………………………………………….... Ave María

A. GLAZUNOV
, para Violoncelo e Piano

- Canto de Menestril, (Canto del Trovador) op. 71

- Serenata Española op. 20, nº 2

A. PIAZZOLLA ……..………………... Café – 1930, para Violín e Piano

W. A. MOZART ……..……………………….... Trío KV 502 en Si b Maior

I.- Allegro

II.- Largetto

III.- Allegretto



II

CH. LEFEBVRE …………………………………………..……..... Ballada

F. SAY … Fantasía sobre la marcha turca de W. A. Mozart, para Píano

A. LARA ………………………..…………………….…….......... Granada

C. GARDEL ……………..…………………….. Tango “Por una cabeza”

J. STRAUSS ……………………….....… Polka “Truenos y Relámpagos”
F. MÉRCURY ……………………………………… "The Show must go on”
J. STRAUSS …………………………………………………... “Kaiservals”

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.