7.12.22

Audición 425: Concerto de saxo e piano


Sábado 17 de decembro de 2022 ás 19:30 h.

ATENEO CASINO DE MONFORTE DE LEMOS

 

CONCERTO SAXO E PIANO



SARA MÉNDEZ ARIAS,  SAXOFÓN


Sara compaxina actualmente a labor pedagóxica coa artística e a investigadora, da man dos ensembles Container, Pulso e a Universidade Internacional de Valencia, onde cursa o Máster en Investigación Musical.

Anteriormente, formou parte de MANAMA, programa especializado en música contemporánea co ensemble Ictus, Spectra e a Universidade de Gante. Tamén realizou o Máster en Interpretación no Royal College of Music de Londres, becada polos Big Give Awards, onde gañou o concurso de Música Contemporánea do RCM en 2018.

A súa formación enriqueceuse por músicos como Jean-Marie Londeix, Marie Bernadette Charrier, Marcus Weiss, Rodrigo Vila, David Brutti, Emilio J. Vázquez, Tom Pauwels ou Tom de Cock. A súa actividade concertística levouna a diferentes escenarios en Reino Unido, Bélxica, Francia, Alemaña, España, Portugal e Tailandia. Colaborou con orquestras sinfónicas como a RCM New Perspectives, RCM Contemporary Opera Orchestra ou a Orquestra Sinfónica das Illas Baleares.
 
 

PABLO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, PIANO


Estudou piano e música de cámara no Conservatorio Superior de Vigo, con Enrique Goberna e Concepción Rodríguez, e na ESMAE de Oporto con Luís Filipe Sá, onde obtivo o Premio Fin de Carreira en 2008. Expandiu estes estudos durante dous anos na Aula de Música da Universidade de Alcalá de Henares con Josep Colom.

É Doutor en Estudos Literarios pola UVigo cunha tese sobre o mito de don Juan e Máster en Investigación Musical pola Universidade Internacional de Valencia. Realiza unha intensa carreira como pianista acompañante, tendo participado como tal nos cursos Xacobeo Clarinet Fest 2021, Vigo SaxForum 2022 ou o Congreso nacional da Asociación Española de Clarinete de 2022, en estadías Erasmus como docente na ESMAE de Porto e o Conservatorio de Bari (Italia). 
 
Actualmente é pianista acompañante da Aula de Saxofón do Conservatorio Superior de Música de Vigo. 


Capricho en forma de Vals___________Paul Bonneau (1918-1995)

Impresións de outono_____________________Caplet (1878-1925)

Sonata en Do#__________________Fernande Decruck (1896-1954)

Nocturno en Do sostenido menor____Frédéric Chopin (1810-1849)

O Porto____________________________Isaac Albéniz (1860-1909)
 
 O abeto____________________________Jean Sibelius (1865-1957)

Sete cancións populares españolas__Manuel de Falla (1876-1946)

No hay comentarios:

Publicar un comentario