17 de outubro de 2023, 20:15 horas
Casa da cultura Poeta Lois Pereiro
Descargar programa
DAMIÁN HERNÁNDEZ ……………….…….……………Piano
Definido como”Excellent pianist” e “Perfect Colaborator” por The Strad e The Clarinet respectivamente, é un pianista de gran versatilidade que compaxina a súa faceta como solista, coa camerística e de repertorista.
Formado principalmente con Albert Attenelle e Imre Rohmann , obtivo diferentes galardóns entre os que destacan o primeiro premio na 10ª Mostra de Música Jove de Barcelona e o segundo posto no 7º Concurso Infanta Cristina de Madrid.
Toca xunto a solistas de gran prestixio como os violinistas Nancy Zhou ou Jesús Reina, o clarinetista Carlos Casadó , a violista Kyoungmin Park (Berliner Philarmoniker) ou os violonchelistas Rafael Rosenfeld, Norbert Anger, Johannes Krebs e un longo etc. Actuou como solista coas Sinfónicas de Venstpils (Letonia), León, Xixón, Oviedo Filharmonía, Orquestra do festival de Gaia-Porto, Nova Orquestra Leonesa, interpretando os concertos de Grieg, Scriabin, Mozart nº 27, Chopin nº 1, Brahms nº 2, Rachmaninoff nº 2 e “Emperador” de Beethoven, sendo dirixido por Oliver Díaz, Dorel Murgu, Francisco Valero, Miguel Salmón etc.
Colabora cun gran número de entidades musicais e culturais, como as Fundacións Princesa de Asturias, Botín, CelloLeón-Universidade de León, Universidade de Oviedo, Concurso “Soncello “ da Coruña, Concurso de cordas AGIC de Vigo, Concurso de cordas de Llanes, OSPA , OSG etc. e foi profesor repertorista de cordas no Conservatorio Superior de Oviedo e na ESMAE (Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo de Porto) entre outras institucións académicas.
JORGE MONTES …………………………...………..…. Violín
Nacido na Coruña en 1982, finaliza os seus estudos musicais con matrícula de honra e premio extraordinario no conservatorio da súa cidade baixo a tutela de Gimeno e no ano 2001, bolseiro pola Deputación da Coruña, estuda violín e música de cámara con Keiko Wataya e Charles-André Linale na Hogeschool voor deKunsten Utrecht, Holanda. Bolseiro da Accademia Musicale Chigiana, amplía a súa formación con Giuliano Carmignola en Siena, Italia. Recibiu tamén clases de violín de Jennifer Gilbert, Milan Vitek, Gordan Nikolitch, Michael Gilbert, Yoko Takebe, Alexander Kerr, Olga Vilkomirskaia e N. Chumachenco, entre outros; e de dirección de orquestra de Alan Gilbert, James Ross e Naoto Otomo.
Ofreceu numerosos concertos en España, Holanda, Portugal, Francia, Alemaña, Bélxica, Ucraína, Polonia, Italia, Xapón, Arxentina, Chile, Uruguai, Brasil etc., no marco dos máis importantes festivais, destacando a súa actividade como solista e músico de cámara. O seu interese pola música contemporánea lévalle a traballar e estrear música de compositores como Fernando Buide, José María Sánchez-Verdú, David do Porto, Eduardo Soutullo, W. Rosinskij, E. Vadillo ou Cristóbal Halfter, entre outros, como membro fundador do Ensemble S21 e de Música Práctica. Formado tamén como violinista barroco, é membro do cuarteto Alicerce, así como do grupo de música antiga Ars Combinatoria. Membro da OJSG e da JONDE, colabora desde o ano 2000 coa Orquestra Sinfónica de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia e coa Orquestra Sinfónica de Castela e León, entre outras.
Foi profesor da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, da Orquestra Nova de Castela e León, da Nova Orquestra Galega dás Artes, da Academia Contemporánea do festival Via Stellae, do curso Verán Musical en Teruel e Madrid, e participa, desde a súa creación, como director do Curso de Orquestra para Nenos na Escola de Altos Estudos Musicais da Real Filharmonía de Galicia.
Asesora a numerosas orquestras españolas na creación dos seus proxectos educativos. Na actualidade é profesor de violín e orquestra no Conservatorio Profesional de Música da Coruña así como director da Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia desde a súa creación no ano 2010
INTEGRAL DAS SONATAS PARA PIANO E VIOLÍN
LUDWING van BEETHOVEN
………. PROGRAMA I ……….
1.- SONATA VII, OP 30 Nº 2 EN DO MENOR
I.- Allegro con brío
II.- Adagio cantábile
III.- Scherzo. Allegro
IV.- Finale. Allegro
2.- SONATA IX EN LA MAYOR OP 47 “KEUTZER”
I.- Allegro moderato
II.- Andante con variazioni
III.- Presto
No hay comentarios:
Publicar un comentario