VENRES, 24 DE ABRIL
DE 2015
ás 20,15 horas
Casa de Cultura
Thomas
Piel ................... Violoncelo
Emmanuelle
Janisz Piel ......... Piano
DÚO
DE VIOLONCELO E PIANO
Thomas
Piel - Violoncelo
Nado en Colonia (Alemaña) en 1974, comezou os seus estudos musicais no conservatorio da súa cidade natal e continuou a súa formación na Folkwang-Musikhochschule de Essen con Christoph Richter, onde no ano 2000 obtivo o seu diploma con honores. Posteriormente realizou un curso de posgrao coa profesora Ksenija Jankovich. recibiu tamén clases de Yvan Chiffoleau en Lyon (Francia), Siegfried Palm, Thomas Demenga e no marco do Folkwang-Festival tocou nunha clase maxistral para Mstislav Rostropovich. Durante os seus estudos colaborou coa Junge Deutsche Philharmonie e a orquestra de cámara desta institución, o Ensemble Resonanz, onde tivo a oportunidade de traballar con músicos como Lothar Zagrosek, Rudolph Barchai, Thomas Zehetmair, Tabea Zimmermann, David Geringas, Rainer Schmidt, David Shallon e Tatjana Grindenko. Entre os seus numerosos concertos de música de cámara destacan aparicións cos pianistas Vassily Lobanov e Pascal Devoyon, coa violista Diemuth Poppen e o chelista Dimitri Ferschtman.
En
1998 foi cofundador do ensemble eMeX, especializado en música
contemporánea, co que ofreceu numerosos concertos por toda Europa.
Con eles tivo a posibilidade de traballar con compositores como
Nicolaus A. Huber, Sven Ingo Koch, York Hoeller, Valerio Sannicandro,
Erik Janson, Gerhard Staebler, Carola Bauckholt, María Cecilia
Villanueva e Isabel Mundry, entre outros, na estrea das súas obras.
Tamén estreou obras para violoncelo só de Luís Antunes Pena e
Martin Schuettler.
Foi
ademais, entre 1997 e 2001, primeiro violoncelo solista da
Westphaelische Kammerphilharmonie Guetersloh, coa cal interpretou en
marzo de 2001 Introduktion, Thema und Variationen para violoncelo só
e corda de Hans Werner Henze en importantes salas de concerto de
Alemaña. No ano 2000 participou na oitava edición da academia
orquestral da Bayerischer Rundfunk baixo a dirección de Mstislav
Rostropovich.
Desde
o 2001 é membro da Real Filharmonía de Galicia e forma parte de
varios grupos de cámara, entre eles o Trio Cassadó coa violinista
Yulia Petrushevskaya e o pianista Javier Vila. Ademais ensina
violoncelo na Escola de música Berenguela en Santiago de Compostela.
O seu labor pedagóxico comprende tamén colaboracións coa Escola de
Altos Estudos Musicais de Galicia (música de cámara) e nos cursos
de verán Música en Compostela, onde no ano 2007 substituíu a
Marçal Cervera nas clases de violoncelo. O seu especial interese
polos grandes violoncelistas do pasado levouno a facer recitais e
conferencias sobre Gaspar Cassadó e Pau Casals. Os seus próximos
proxectos son homenaxes a Enrico Mainardi, Siegfried Palm e Paul
Tortelier.
Emmanuelle
Janisz Piel - Piano
Nacida en Toulon (Francia), empezou os seus estudos musicais aos 11 anos. Ingresou no conservatorio nacional de Toulon e estudou con René-Pierre Faedda onde foi premiada no nivel superior de solfexo, piano e musica de cámara. A partir de 1998 completou a súa formación facendo o ciclo superior especializado no conservatorio nacional de Aix en Provence con Michel Leduc. Obtivo os seus premios en musica de cámara e piano. Conta na súa formación pianística coas clases de Mireille Faye-Moura (alumna de Mompou e concertista), Gery Moutier (profesor no conservatorio superior de Lyon), Pierre Pontier (concertista e profesor no conservatorio superior de Lyon), Olivier Gardon (profesor no conservatorio nacional de Paris) e Alain Meunier (profesor de musica de cámara no conservatorio superior de Paris). De 1996 a 1998 foi compoñente e fundadora do “Cuarteto Romántico”, ofrecendo numerosos concertos por toda Francia.
A
esta formación instrumental, engádeselle unha carreira
universitaria de musicoloxía, fixo 5 anos e obtivo unha licenciatura
con mención notable.
Desde
2002, vive en Galicia onde se dedica principalmente ao ensino do
piano, pero segue o seu labor como pianista, tocou en diversas
ocasións coa RFG, acompañou á Escola de Altos Estudos Musicais,
traballou en colaboración coa Camarta Quiodi (concertos didácticos),
tocou no Festival de Lugo en formación de cámara. Actualmente
acompaña en numerosos recitais ao seu marido, o violoncelista Thomas
Piel.
PROGRAMA
R.
Schumann: Adagio e Allegro op.70 para vc e piano
M.
de Falla: Suite popular española para vc e piano
1.
O pano moruno
2.
Nana
3.
Canción
4.
Xota
5.
Asturiana
6.
Polo
PAUSA
S.
Prokofieff: Sonata para vc e piano Do-Mayor op.119
1.
Andante grave. Moderato animato
2.
Moderato
3.
Allegro, ma non troppo
A.
Piazzolla: Le grand tango para vc e piano
Tempada
2014/2015
Audición 373
Concerto
nº 7
Ano LXV
No hay comentarios:
Publicar un comentario