30.4.24

Audición 439: Cuarteto Novecento

Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro

Luns, 6 de maio ás 20:15 horas.



CUARTETO DE CORDAS NOVECENTO

 Catro músicos chegados de distintos recunchos de Europa atópanse en Santiago de Compostela. Ildikó Oltai, Irina Gruia, Ioana Ciobotaru e Millán Abeledo. Todos eles membros da orquestra Real Filharmonía de Galicia, deciden unirse e formar un cuarteto de corda estable.

O Cuarteto Novecento, céntrase na música escrita a finais do Impresionismo para abarcar todo o século XX. Música descoñecida, divertida, sensible e sempre orixinal. Nos seus recitais, cada obra representa unha filosofía musical chea de contrastes dispostos a satisfacer a sensibilidade do público.

O primeiro concerto do Cuarteto Novecento celebrouse en xuño de 2016 no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela. Cabe destacar a súa participación en diferentes programacións de música de cámara da Universidade de Santiago, así como en distintas Sociedades Filarmónicas galegas, Festivais e otros eventos.

En 2018 colaborou no disco “Fios de ouro no ár” do músico galego Rodrigo Romaní. O mesmo ano promoveu o ciclo “Mujeres Compositoras” coa Universidade de Santiago de Compostela. Por encargo do Concello de Betanzos estreou o Cuarteto de Cordas nº11 do compositor galego Carlos López García-Picos.

O seu máis recente proxecto é o seu primeiro CD, “Tres Cuartetos de Corda Galedos, presentado no catálogo do prestixioso selo Brilliant Classics, está composto por 3 cuartetos de corda inéditos, de 3 compositores galegos de 3 séculos consecutivos: Marcial do Adalid, sédulo XIX, José Arriola, século XX e Juan Durán, século XXI.

ILDIKÓ OLTAI, Violín:

 Nada en Budapest (Hungría), realizou os seus estudos superiores na Academia de Música Franz Liszt da súa cidade natal. Gradúase en 1995 como Profesora de Teoría da Música e Directora do Coro, e en 1996 obtivo o título Superior de Concertista e Profesora de violín. Traballou como: axudante de concertino; concertino e a veces como solista a en distintas orquestras. Desde 1996 é membro da Real Filharmonía de Galicia, e desde o ano 2001 é profesora de violín e música de cámara na Escola de Altos Estudos Musicais. Actuou como solista coa RFG baixo a dirección de Paul Daniel en 2008, e interpretou o 2º Concerto para violín de Béla Bartók con Antoni Ros Marbá en 2010.

IRINA GRUIA, Violín:

 Nace en Brasov, Rumanía. Os seus estudos do Conservatorio Superior continúan nos Estados Unidos. En 2002 gradúase na especialidade de violín polo Conservatorio Hartt nos EEUU. Desde 2003, aproba a oposición para a «Real Filharmonía de Galicia», en Santiago de Compostela, onde desenvolve unha intensa vida musical: ademais das súas actuacións coa Real Filharmonía, forma parte de varios grupos de cámara, como o Cuarteto de corda “Novecento” ou o Piano Cuarteto “Berenguela». No transcurso do ano 2012, licenciouse no método «Kindermusik» e empeza unha relación con varias garderías e escolas. Desde 2013, Irina está a presentar e traducindo algúns dos concertos familiares da Real Filharmonía de Galicia, acompañando con moito éxito a directores como Paul Daniel ou Jonathan Webb.

IOANA CIOBORATU, Viola:

 Comeza os seus estudos na súa cidade natal -Râmnicu Vâlcea en Rumanía – á idade de 6 anos. Moi pronto gaña prestixiosos concursos de interpretación musical no seu país ata que ingresa na Academia de Música de Bucarest, onde se gradúa en viola coas máximas cualificacións co mestre Valeriu Pitulac. Completa desde entón a súa formación na Scuola dei Alto Perfezionamiento Musicale de Saluzzo en Italia. Empeza a traballar en Suíza, mantendo a condición de viola solista da Bucharest Young Symphonic Players ata que en 1996 únese á prestixiosa Filarmónica George Enescu de Bucarest, No ano 2001 traballa, en Xapón, e en Brasil coa Orquestra Estatal de Sao Paulo. Desde 2001 e ata hoxe é viola da Real Filharmonía de Galicia en Santiago de Compostela e membro activo do Taller Atlántico Contemporáneo.

MILLÁN ACEVEDO, Chelo:

 De Silleda, comeza os seus estudos de violonchelo con Tatiana Cucerenco e Beira Kolar. Continúa os seus estudos superiores no CSMA (Zaragoza), na Escola Superior de Música Raíña Sofía e Troels Svane na Musikhochschule Lübeck(Alemaña). Recibiu diferentes premios ao longo da súa carreira). Fundador de Bambú Ensemble e Dúo Gamma, foi membro da JONDE e colaborou con diferentes orquestras. Foi bolseiro da Fundación BBVA e a Fundación Segundo Gil Dávila. Desde 2014 forma parte do persoal da Real Filharmonía de Galicia e imparte clases na Escola de música Berenguela.

 

 

PROGRAMA



1. C. de C.en Sol Maior, Op. 16 ..................… Marcial do Adalid

  • I. Allegro 
  • II. Andante quasi adagio 
  • III. Minuetto
  • IV. Finale. Moderato molto - quasi andante - allegro assai


2.- C. de C. en Do Maior …………………………….. José Arriola 

  • I. Andante molto – Allegro non tropo 
  • II. Moderato
  • III. Allegro giocoso IV. Finale. Ciaccona - fuga - andante 

3.- C. de C. ........................................................... Juan Durán

  • I. Pasodoble
  • II. Blues
  • III. Samba

 

 

Descargar programa de man

No hay comentarios:

Publicar un comentario