17.6.24

Audición 440: Orquestra Xove Terra Nova

Domingo 30 de xuño, 19:30 horas

Igrexa dos Escolapios 


XOVE ORQUESTRA DE LUGO TERRA NOVA

 



Director: NICOLÁS RAVELLI BARREIRO



A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova é un novo proxecto autoxestionado musical e pedagóxico, no que un grupo de mozos e mozas instrumentistas, tanto da Cidade de Lugo, como doutras latitudes de Galicia, impulsan o funcionamento dunha orquestra sinfónica, co claro obxectivo de propulsar a difusión da música sinfónica universal e local, así como contribuír á profesionalización da práctica orquestral e coral.

Comezando os seus ensaios en novembro de 2022, puido ver a luz en decembro do mesmo ano, outorgando un Concerto de Nadal a sala chea no Círculo das Artes de Lugo, que tivo que ser repetido en xaneiro, debido á alta demanda de público.

Seguindo coa súa liña colaborativa, abordou o Stabat Mater de F.J. Haydn, co que inaugurou as festividades de Semana Santa na Catedral de Lugo, cun coro de máis de 50 persoas, conformado por 5 corais lucenses, entre elas, o novo Coro Xove, que depend e da Orquestra. Do mesmo xeito, colaborou co Curso de Dirección Orquestral Introdución a la Batuta, permitíndolle a 4 moz@s director@s dirixir unha orquestra sinfónica por primeira vez.

Finalmente, tan só un ano despois da súa estrea, ofreceu a Sinfonía Nº 9 “do Novo Mundo” de A. Dvorak, en formato didáctico, para toda a familia, como Concerto de Nadal. No mesmo, a orquestra de máis de 60 integrantes actuou coa actriz e divulgadora Ana Hernández Sanchiz.






NICOLÁS RAVELLI BARREIRO, DIRECTOR

Formouse en Arxentina, en Piano cos Mestres Juan Carlos Figueiras e, no Conservatorio Superior de Música "Manuel de falla " , Manuel Massone e Beatriz Pedrini, así como tamén con #Luis Gorelik, Carlos Bertazza e Dario Dominguez Xodo, na Universidade Nacional das Artes, en Dirección Orquestral. Ao longo da súa carreira actuou en diversas salas, abordando repertorio solista e de cámara e dirixiu e acompañou diversas formacións, interpretando repertorio sinfónico, lírico e ensamble de percusión, realizando o seu debut como Director Musical de Ópera no ano 2014, coa Frauta Máxica de W.A. Mozart, en Ópera Aperta de Buenos Aires. Da mesma maneira, participou en producións de Ópera independente nas compañías Juventus Lyrica e OID Opera, sendo no segundo dos casos, pianista na estrea Arxentina de The Bohemian Girl, de William Balfe. Tamén formou parte da primeira edición do Lima Opera Fest, que tivo lugar no Teatro Municipal de Lima, á fronte da Dirección Musical do festival, coas Óperas Così fan tutte e Bastien und Bastienne, ambas as de W.A. Mozart e ten no seu haber a dirección da ópera Basta de G. Puccini, xunto ao Opera Festival de Buenos Aires e a produción e dirección de The Medium de G.C. Menotti no espazo artístico independente da súa propia fundación: Fiat Ars. Actualmente, reside en España, onde se realizou o Máster en Dirección Instrumental, Sinfónica e Vogal do Instituto Katarina Gurska de Madrid, baixo a tutela do Mtro. Borja Quintas e onde é Fundador e Director Artístico da Nova Orquestra de Lugo, e Director Titular da Banda de Música Vila de Cedeira.


PROGRAMA:

 

Peer Gynt (Grieg)

  1. La mañana
  2. La muerte de Åase
  3. La Danza de Anitra
  4. En la gruta del rey de la montaña 

 

Carmen (Bizet) 

  1. Prelude (orquesta)
  2. Aragonesa
  3. Os toureiros
  4. Habanera
  5. Nocturno
  6. Canción do toureiro
  7. Danza Bohemia

Caballería lixeira (F. von suppé)

  1. Obertura





No hay comentarios:

Publicar un comentario