II CICLO de CINE – CONCERTO na CONTORNA - SOBER
Domingo 15-03-2026 ás 19:00 horas, CENTRO SOCIO CULTURAL de Sober
CASPERVEK
Comezos
Caspervek Trío fundouse en 2013 polo pianista Brais González e o percusionista Blas Castañer. A súa primeira actuación foi en xaneiro de 2014, interpretando unha partitura orixinal e improvisada para o Nosferatu de F. W. Murnau. Un mes máis tarde, o violinista Eduards Vecbastiks uniuse ao dúo e xuntos, os tres novos músicos comezaron a escribir novas bandas sonoras para as obras mestras do expresionismo alemán. Nos seus primeiros catro meses de actividade, a banda estreou catro bandas sonoras. A prensa local especializada definiu este debut como "a gran sorpresa de 2014".
Primeiros anos
O trío alcanzou rapidamente certo recoñecemento local, tocando nalgúns dos principais festivais da rexión como o Via Stellae ou o Festival Sinsal. Un ano máis tarde, Caspervek faría a súa primeira xira europea. Unha viaxe que lles levou a actuar nunha ducia de países do continente, estreando cinco novas bandas sonoras e actuando en importantes escenarios como o Museo Nacional de Estonia, o Auditorio Baltais Fligelis de Letonia ou a Galería FLUX de Budapest. Nos anos seguintes, Caspervek seguiría actuando noutros importantes escenarios europeos como a Lytgen Station de Copenhague, o GORS de Rezekne ou o Kalnciema Kvartals de Riga. En 2015 e 2016, Caspervek formou parte da programación de The Urban Beach Cinema, un dos maiores cinemas ao aire libre de España, onde ofreceu máis de dez películas mudas ante miles de persoas.
Anos intermedios
En 2016, unha nova violinista, Raquel Fernández, uniuse á formación, mentres que Eduards trasladouse a Alemaña para desenvolver unha carreira como violinista de orquestra. Durante estes anos, o grupo acentuou o seu interese nos concertos didácticos, traballando estreitamente con festivais de cinema e institucións académicas para desenvolver programas específicos que achegasen o cinema mudo e o patrimonio cinematográfico aos nenos. Como resultado deste traballo, o grupo ofreceu concertos educativos no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), o Teatro Afundación (Vigo), ou o Centro Cultural Záhrada en Banska-Bystrica (Eslovaquia), así como en ducias de escolas e colexios de toda España. O 26 de outubro de 2016 fixo o seu primeiro cine-concerto para a Sociedad Filarmónica de Monforte de Lemos.
Novos camiños
En 2019 o grupo decide afastarse gradualmente da súa formación orixinal como trío para empezar a incluír novos elementos e evolucionar cara a un ensamble modular no que os diferentes compoñentes entran segundo as necesidades de cada película. Esta nova etapa comeza coa estrea do proxecto máis ambicioso da historia de Caspervek: unha épica representación da paixón de Juana de Arco de C. T. Dreyer cun coro de 24 cantantes e un conxunto de 12 músicos que se estrea en maio de 2019 ante un cheo total en Vigo, en Monforte representouse o 18 de novembro de 2022. Desde entón, a filosofía de Caspervek sempre foi promover e fomentar o talento local, facilitando a incorporación de novas figuras da música clásica á banda. Así mesmo, en 2019, Caspervek chega a un acordo coa plataforma española Tolemias, pioneira na distribución de concertos en streaming, para producir unha serie de concertos gravados en 4K cun innovador sistema que permite ao espectador elixir diferentes opcións para ver o concerto e a película. Este é o primeiro proxecto que integra o cinema mudo coas novas tecnoloxías multiángulo.
O HEROE DO RÍO
O filme
O capitán William "Steamboat Bill" Canfield é o orgulloso dono dun vello barco de vapor que coñeceu tempos mellores. Coa chegada do seu fillo, a quen non ve desde que era un bebé, espera atopar un aliado forte e robusto que lle axude a competir co luxoso barco do magnate John James King. Pero as súas expectativas derrúbanse cando o seu fillo aparece en escena: delgado, torpe, con bigote de lapis, boina francesa e un ukelele debaixo do brazo. Aínda por riba, o mozo está namorado de Kitty, a filla do seu maior rival. E os dous pais farán todo o posible por separar á parella.
A escena na que cae unha fachada, que se rodou sin efectos especiais nin dobres, na que o propio Keaton xugouse literalmente a vida é a secuencia máis espectacular da súa filmografía.
A banda sonora
Como outras bandas sonoras escritas por Brais González para as películas de Buster Keaton, a música de Caspervek para Steamboat Bill Jr. baséase nos sons do swing, o Dixieland e o jazz vintage. Á versión orixinal para violín, piano e percusión seguiulle unha segunda versión con clarinete, estreada no Festival IKFEM de 2020.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.