29.3.15

Audición 373. Dúo violonchelo e piano.


VENRES, 24 DE ABRIL DE 2015
ás 20,15 horas
Casa de Cultura


https://drive.google.com/file/d/0B6XG4sapiXgTR1AxeUdlZW5JdFE/view?usp=sharing


Thomas Piel ................... Violoncelo
Emmanuelle Janisz Piel ......... Piano


DÚO DE VIOLONCELO E PIANO

Thomas Piel - Violoncelo

Nado en Colonia (Alemaña) en 1974, comezou os seus estudos musicais no conservatorio da súa cidade natal e continuou a súa formación na Folkwang-Musikhochschule de Essen con Christoph Richter, onde no ano 2000 obtivo o seu diploma con honores. Posteriormente realizou un curso de posgrao coa profesora Ksenija Jankovich. recibiu tamén clases de Yvan Chiffoleau en Lyon (Francia), Siegfried Palm, Thomas Demenga e no marco do Folkwang-Festival tocou nunha clase maxistral para Mstislav Rostropovich. Durante os seus estudos colaborou coa Junge Deutsche Philharmonie e a orquestra de cámara desta institución, o Ensemble Resonanz, onde tivo a oportunidade de traballar con músicos como Lothar Zagrosek, Rudolph Barchai, Thomas Zehetmair, Tabea Zimmermann, David Geringas, Rainer Schmidt, David Shallon e Tatjana Grindenko. Entre os seus numerosos concertos de música de cámara destacan aparicións cos pianistas Vassily Lobanov e Pascal Devoyon, coa violista Diemuth Poppen e o chelista Dimitri Ferschtman.
En 1998 foi cofundador do ensemble eMeX, especializado en música contemporánea, co que ofreceu numerosos concertos por toda Europa. Con eles tivo a posibilidade de traballar con compositores como Nicolaus A. Huber, Sven Ingo Koch, York Hoeller, Valerio Sannicandro, Erik Janson, Gerhard Staebler, Carola Bauckholt, María Cecilia Villanueva e Isabel Mundry, entre outros, na estrea das súas obras. Tamén estreou obras para violoncelo só de Luís Antunes Pena e Martin Schuettler.
Foi ademais, entre 1997 e 2001, primeiro violoncelo solista da Westphaelische Kammerphilharmonie Guetersloh, coa cal interpretou en marzo de 2001 Introduktion, Thema und Variationen para violoncelo só e corda de Hans Werner Henze en importantes salas de concerto de Alemaña. No ano 2000 participou na oitava edición da academia orquestral da Bayerischer Rundfunk baixo a dirección de Mstislav Rostropovich.
Desde o 2001 é membro da Real Filharmonía de Galicia e forma parte de varios grupos de cámara, entre eles o Trio Cassadó coa violinista Yulia Petrushevskaya e o pianista Javier Vila. Ademais ensina violoncelo na Escola de música Berenguela en Santiago de Compostela. O seu labor pedagóxico comprende tamén colaboracións coa Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia (música de cámara) e nos cursos de verán Música en Compostela, onde no ano 2007 substituíu a Marçal Cervera nas clases de violoncelo. O seu especial interese polos grandes violoncelistas do pasado levouno a facer recitais e conferencias sobre Gaspar Cassadó e Pau Casals. Os seus próximos proxectos son homenaxes a Enrico Mainardi, Siegfried Palm e Paul Tortelier.



Emmanuelle Janisz Piel - Piano

Nacida en Toulon (Francia), empezou os seus estudos musicais aos 11 anos. Ingresou no conservatorio nacional de Toulon e estudou con René-Pierre Faedda onde foi premiada no nivel superior de solfexo, piano e musica de cámara. A partir de 1998 completou a súa formación facendo o ciclo superior especializado no conservatorio nacional de Aix en Provence con Michel Leduc. Obtivo os seus premios en musica de cámara e piano. Conta na súa formación pianística coas clases de Mireille Faye-Moura (alumna de Mompou e concertista), Gery Moutier (profesor no conservatorio superior de Lyon), Pierre Pontier (concertista e profesor no conservatorio superior de Lyon), Olivier Gardon (profesor no conservatorio nacional de Paris) e Alain Meunier (profesor de musica de cámara no conservatorio superior de Paris). De 1996 a 1998 foi compoñente e fundadora do “Cuarteto Romántico”, ofrecendo numerosos concertos por toda Francia.
A esta formación instrumental, engádeselle unha carreira universitaria de musicoloxía, fixo 5 anos e obtivo unha licenciatura con mención notable.
Desde 2002, vive en Galicia onde se dedica principalmente ao ensino do piano, pero segue o seu labor como pianista, tocou en diversas ocasións coa RFG, acompañou á Escola de Altos Estudos Musicais, traballou en colaboración coa Camarta Quiodi (concertos didácticos), tocou no Festival de Lugo en formación de cámara. Actualmente acompaña en numerosos recitais ao seu marido, o violoncelista Thomas Piel. 

PROGRAMA

R. Schumann: Adagio e Allegro op.70 para vc e piano
M. de Falla: Suite popular española para vc e piano
                  1. O pano moruno
                  2. Nana
                  3. Canción
                  4. Xota
                  5. Asturiana
                  6. Polo
PAUSA
S. Prokofieff: Sonata para vc e piano Do-Mayor op.119
                   1. Andante grave. Moderato animato
                   2. Moderato
                   3. Allegro, ma non troppo
A. Piazzolla: Le grand tango para vc e piano

Tempada 2014/2015 Audición 373
Concerto nº 7 Ano LXV

23.2.15

Audición 372. Lucus Ensemble

Xoves, 12 de marzo de 2015
ás 20,15 h.
Casa da Cultura de Monforte.



COMPOÑENTES
Alejandro Troya Director




Tania Balboa, Oboe Miguel A. Díaz. Clarinete




Santiago Noriega, Clarinete María Losada. Fagot




Cristina Díaz, Frauta Araceli Martínez. Contrabaixo




Cristina Nogueira, Violonchelo Carlos Vázquez. Percusión




Moisés López, Trompa e acordeón
LUCUS ENSEMBLE, nace a inicios do ano 2014 froito da inquietude musical dos seus fundadores, a violonchelista pontevedresa Cristina Nogueira e o clarinetista viveirense Santiago Noriega.
Despois de coincidir en diversos concertos benéficos, pensan na posibilidade de crear una formación estable na capital lucense para o desenvolvemento de proxectos musicais adaptados para grupo de cámara mixto vento-corda.
Propóñenlle levar a dirección musical da agrupación ao mestre valenciano Alejandro Troya, o cal se fará cargo tamén, xunto có trompetista Moisés López, de ultimar as adaptacións e arranxos do programa.
Cun plantel fixo de dez músicos e diversos proxectos de futuro, LUCUS ENSEMBLE, nace coa intención de facerse un oco no elenco de grupos de cámara de Galicia
ALEJANDRO TROYA, nace en Benissanó (Valencia) e na banda da súa localidade natal comenza os seus estudos de saxofón pasando posteriormente ao conservatorio de Lliria, onde remata os estudos de grao profesional, obtendo o premio de fin de grao.
Continúa no conservatorio Joaquín Rodrigo de Valencia, onde acaba os seus estudos superiores e gaña o premio de fin de carreira na especialidade de saxofón. Participa en diferentes concursos entre os que cabe destacar o primeiro premio no concurso internacional da Universidade Europa do saxofón.
Colabora con numerosas bandas realizando grabacións para RTTV e RTVE.
Realiza cursos de dirección de banda con Mestres da talla de Jan Cober ou Norman Milanés.
Na actualidade é profesor da saxofón no conservatorio Superior de Música de Vigo, director de Murajazz Bigband e de Lucus Ensemble.


PROGRAMA
https://drive.google.com/file/d/0B_rPVQJ3bTqoakY2TlVWMEJBVzg/view?usp=sharing
  1. Moderato quasi marcía
  2. Minuetto
  3. Andante con moto
  4. Finale: Allegro molto
PAUSA

5.2.15

Audición 371. Dúo de Saxofóns


DÚO DE SAXOFÓNS

Dun tempo a esta parte a Sociedad Filarmónica propúxose incluír dentro da súa programación algún concerto "distinto", é dicir que se tratase: dun grupo que empeza, dunha formación pouco habitual, ou ben que dentro dos seus músicos houbese algún da comarca.

Pois ben, estas circunstancias dánse neste concerto, xa que logo, efectivamente é un grupo que está empezando, non é unha formación habitual (dous saxos) e un dos membros, Sara é, da terra de músicos da zona, de Sober.

 

A formación nace do interese de indagar sobre o repertorio para dous de saxofóns. Como dúo iniciaron a súa actividade o pasado 2014 na XVII Semana Musical Aita Donostia (San Sebastián). Dende ese momento, participaron na segunda edición do Festival ME_MMIX (Festival de Música Electrónica, Música Mixta e Vídeo Proiección) de Palma de Mallorca e ofreceron recitais en Sober e no seno do Mallorca Saxophone Studio.



GUILLERMO PRESA


(Donostia- San Sebastián, 1990) Inicia os seus estudos musicais na escola de música Musikabi. Cursa o Grao Profesional nos Conservatorios Francisco Escudero de Donostia e Juan Crisóstomo de Arriaga de Bilbao. No 2011 é galardoado co segundo premio ex–aequo no Concurso Xóvenes Músicos de Euskadi, modalidade Vento- Madeira.
Actualmente cursa os seus estudos de Grao Superior de Música no Conservatorio Superior de Música das Illas Baleares cos mestres Rodrigo Vila, David Brutti e Yuko Mizutani, onde ademáis recibe clases de Jean-Marie Londeix, Marie-Bernadette Charrier, Mario Caroli, Marcus Weiss, Lars Mlekusch, Richard Ducros, Jeffrey E. Vicers, Joonathan Rautiola e Daniel Gautier, e de compositores como Mauricio Sotelo, Félix Ibarrondo, Christian Lauba, François Rossé e Etienne Rolin.
Como integrante do Mallorca Saxophone Ensemble ofreceu concertos en Madrid, Lisboa, Zaragoza, Vigo e Mallorca. Participou no Mallorca Saxophone Festival dende a súa cuarta edición (2012).


SARA MÉNDEZ


(Sober, Lugo, 1993) Inicia os seus estudos musicais na Escola de Música da súa localidade. Realiza o Grao Elemental e o Grao Profesional no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, da man de Emilio José Vázquez Rodríguez, onde obtén o premio extraordinario de fin de grao.
Actualmente continúa coa súa formación no Conservatorio Superior de Música das Illas Baleares, no seno do Mallorca Saxophone Studio, baixo a tutela de Rodrigo Vila, David Brutti e Yuko Mizutani.
Recibiu clases de persoas destacados no mundo musical e saxofonístico como Jean-Marie Londeix, Marie-Bernadette Charrier, Marcus Weiss, Lars Mlekusch, Daniel Gautier, Joonatan Rautiola, Jeff Vickers ou Richard Ducros; do flautista italiano Mario Caroli e de compositores como Mauricio Sotelo, Christian Lauba, Félix Ibarrondo, François Rossé ou Etienne Rolin.
Forma parte do actual Mallorca Saxophone Ensemble, institución coa cal tivo a oportunidade de actuar en diferentes escenarios tanto nacionais como internacionais: Madrid, Lisboa, Zaragoza, Vigo ou Mallorca.
Dende o ano 2012 participa no Mallorca Saxophone Festival. Colaborou no concerto-presentación do Ensemble Galego de Saxofóns, coa Orquesta Sinfónica do CSIB e coa Orquesta Sinfónica das Illas Baleares.



PROGRAMA

https://drive.google.com/file/d/0B6XG4sapiXgTZEdxa1ZzNUdxQUU/view?usp=sharing

 



Canons Mélodieux ou VI. Sonates en Duo: Georg Philipp Telemann (1681-1767)
Sonata I (1738)
  1. Vivace
  2. Adagio
  3. Allegro
Duetto TWV 40:107 (1728)
  1. Affettuoso
  2. Allegro
  3. Andante
  4. Presto

Konzertstück für Zwei Altosaxophone (1933) Paul Hindemith (1895-1963)
  1. Lebhaft
  2. Mässig langsam
  3. Lebhaft

-Pausa-

Saxophonesques (1934) Fernande Decruck (1896-1954)

Dúos, Op. 186 (1942) Charles Koechlin (1867- 1950)

Sonata (1918) Francis Poulenc (1899-1963)
  1. Presto
  2. Andante
  3. Vif

21.1.15

Audición 370. Trío Sonoridad

27 de xaneiro 2015
20:15 horas Casa da Cultura de Monforte




JORGE MANUEL FERREIRA BELLÓN (TROMPETA)

Inicia os seus estudos de solfexo no Conservatorio Profesional de Ferrol co profesor Gonzalo Sánchez, rematando o Grao Elemental no ano 1993-94 con Premio de Honra.
Máis tarde trasládese a Pontevedra para estudar co mestre Javier Viceiro, onde remata os estudos no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Nesta época tamén recibe clases, consellos e asesoramento dos mestres José Rodríguez e Javier Simó.
Realizou cursos cos mestres: José Mª Ortí, Leopoldo Vidal, Fred Mills, Luur Metals, Antonio Cambres, Dominique Brunet, Enrique Rioja, Eric Aubier, Ángel Serrano, Javier Simó, Luis González Martí, Häkan Handerberger, Bo Nilsson e Maurice André.
No ano 2001 consegue a praza de fliscorno solista na Banda Ferrolá de Música á que pertencerá ata o 2005. Colaborou coma fliscorno principal coa Banda Sinfónica Musical de Madrid estando ao frente da mesma Enrique García Asensio, Orquesta Sinfónica de Puerto Rico, Orquestra Gaos onde traballou con Ramón Tebar y Gregory Kunde, quinteto de metais “Santa Cecilia” entre outros.
Impartiu clases na Escola de Música Concello de Ortigueira, Escola de Música Sementeira de Narón, CPMUS Ourense, Vigo, A Coruña e CSM Vigo.
Actualmente compaxina a labor de profesor de trompeta no CPMUS de Culleredo coa de profesor de Trompeta, Música de Cámara e Orquestra no CPMUS Vilagarcía de Arousa.

IAGO RÍOS (TROMBÓN)

Iago Ríos Martínez inicia os seus estudos musicais no Conservatorio de Música de A Coruña cos profesores Juan B. Bernat e Arturo Centelles. Obtén o Título Superior de trombón no ano 2006 coas máximas cualificacións. Durante dous anos recibiu clases de Jon Etterbeek na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia.
Entre o ano 2001 e 2004 forma parte da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, sendo o seu profesor Petur Eirikson. Asiste a clases cos profesores: Alberto Urretxo, Francisco Rosario, Jay Friedman, Scott Hartmann, Stefan Schulz, Charles Vernon, Ingemar Roos e James Markey entre outros.
É colaborador habitual da Real Filharmonía de Galicia e foino tamén da Orquestra Sinfónica de Galicia, colaborando tamén con orquestras como a Sinfónica de Navarra e Orquesta de Castela e León. Durante a tempada 2006-2007 forma parte da Orquestra Sinfónica de Extremadura, como trombón coprincipal.
Desde o ano 2007 é Profesor Numerario dos conservatorios da Comunidade de Galicia, sendo actualmente profesor no Conservatorio Superior de música da Coruña.


MIGUEL VALLS (PIANO)

Comeza os seus estudios de piano aos 12 anos e con 15 anos ingresa no Conservatorio Profesional de Viveiro onde recibe clases de Eloísa Pérez Lage. Posteriormente trasladase a A Coruña e accede ao Conservatorio Profesional da Coruña, onde finaliza o Grao Profesional con Elena Segura, e ao mesmo tempo estuda coa pianista Anna Mirzoyan. Durante os catro anos seguintes estuda o Grao Superior de Música na Coruña con Rosa María García ao tempo que recibe consello de outros pianistas como Albert Attenelle, Domenico Codispoti, Levon Hovsepian, Robert Shugarov, María Rosa Oubiña de Castro, Sebastián Colombo, Javier Vázquez Grela, Sergei Yerokhin etc. No ano 2007 trasládase a Utrecht (Holanda) para estudiar co pianista americano Alan Weiss, recibindo tamén consello doutros músicos como Jeremy Chaulk e Elizabeth Perry. Dende o ano 2009 imparte clases en diferentes Conservatorios e Escolas de Música no ámbito da Comunidade Galega como o Conservatorio Profesional de Viveiro, o Conservatorio Profesional de Culleredo, o Conservatorio Mestre Ibáñez de Monforte de Lemos, a Escola Municipal da Pobra de Trives e por último a Escola Municipal de Foz onde imparte clases na actualidade.
No eido da actividade concertística, realizou concertos tanto como solista como en diversas formacións de música de cámara interpretando música clásica e tamén latin jazz. Actuou en diversas salas de concerto en Coruña, Santiago, Monforte de Lemos, Soria, León, Salamanca etc.

Programa do Concerto
https://drive.google.com/file/d/0B6XG4sapiXgTSTJ6M1ZVVlNrZ2M/view?usp=sharing

- Sonata para trompeta e piano
( 1943 ) Jean Hubeau
  • Sarabande
  • Intermede
  • Spiritual (tempo di blues)
- Sonata para trombón e piano “Vox Gabrieli” ( 1973 ) Stjepan Sulek
- “Bolívar” para trombón e piano (1954 ) Eric Cook

Pausa

- “Somewhere” de West Side Story ( 1961 ) Leonard Bernstein
- “Por una cabeza” ( 1935 ) Carlos Gardel
- “Fandango” para trompeta, trombón e piano ( 1999 ) Joseph Turrin


Notas ao programa
O concerto está dedicado na súa primeira metade a obras do Século XX escritas para trompeta e piano, ou para trombón e piano.
A Sonata para trompeta e piano do compositor francés Jean Hubeu (1917-1992) é unha obra en 3 movementos na que o compositor mistura harmonías tradicionais con outras sonoridades máis modernas. No último movemento vemos como se reflicte a influencia do jazz e do blues con ese ritmo apuntillado, músicas traídas dos Estados Unidos e que estaban de moda na Francia dos anos 40 con músicos como Django Reinhardt e Stephane Grapelli que tocaban no Quinteto do Hot Club de Francia.
A sonata para trombón e piano do compositor croata Stjepan Sulek(1914-1986) é unha obra dun só movemento na que se utilizan distintas melodías que están estruturadas de forma que a obra sempre vai “in crescendo” ata a parte final na que se repite o tema do comezo, pero esta vez cun carácter moito máis dramático.
Para finalizar a primeira parte, os músicos interpretaran “Bolívar” de Eric Cook, obra de mediados do Século XX na que os ritmos folclóricos adquiren unha grande importancia, neste caso trátase do ritmo chamado Petenera no que se alternan os compases de 6/8 e 3/4.
Para comezar a segunda parte do concerto, seguiremos con música do Século XX , e neste caso arranxos do pianista Miguel Valls, cunha canción do musical “West Side Story” con música de Leonard Bernstein(1918-1990), na que se conta unha historia de amor ao estilo de Romeo e Julieta na Nova York dos anos 50.
A continuación, escoitaremos un tango do famoso cantante arxentino de orixe francés Carlos Gardel (1890-1935), na que sería unha das súas últimas composicións. “Por una cabeza”.
Para finalizar interpretarán Fandango de Joseph Turrin, obra de 1999 de carácter rítmico na que a trompeta e o trombón se van turnando nas súas aparicións, de xeito que ás veces da a impresión de que se queren interromper o un ao outro. A pesares do título da obra, o público non vai escoitar nada parecido a un fandango flamenco, de ritmo ternario e carácter vivo e no que xeralmente se escoita a chamada cadencia española, tan característica do flamenco.

16.1.15

CONCERTO EXTRAORDINARIO


SABADO 24 DE XANEIRO AS 18.30 HORAS 

CASA DA CULTURA DE MONFORTE



ANDREA AMAT, FRAUTA
MIQUEL CARBONELL, PIANO


CV- Dúo

El dúo comienza su trayectoria en el año 2010, con el propósito de realizar conciertos y recitales por la geografía española. Es en el año 2011 cuando Andrea Amat, acompañada al piano por Miquel Carbonell, es galardonada con el segundo premio en el concurso de Juventudes Musicales de España, realizando así diferentes giras por el norte de España y la Comunidad Valenciana. En el curso académico 2011-2012, los miembros del dúo se trasladan Londres, para realizar sus estudios de Master en interpretación en el caso de Andrea (Royal College of Music), y Master en repertorista en el caso de Miquel (Guildhall School of Music and Drama). Durante su estancia en Londres, continúan su trayectoria como dúo, realizando diversos recitales a lo largo del curso.


Programa

  • Partita en La m para flauta sola  - J.S. Bach (13 min)
  • Sonatina para flauta y piano - H. Dutilleux  (11 min)
  • Divertimento para flauta y piano - J. Françaix (10 min)

PAUSA

  • Balada para flauta y piano - F. Martin (7 min)
  • Sonata en Re M para flauta y piano - S. Prokofiev (20 min)




ORGANIZA:


Colabora:



17.12.14

Música no NADAL.

Durante as festas de Nadal poderemos disfrutar da música en distintos eventos. Os principáis son:


18 de decembro.- Festival infantil de Panxoliñas.
19 de decembro.- Concerto do conservatorio Mestre Ibáñez.
20 de decembro.- Concerto de Corais
23 de decembro.- Teatro musical infantil: Os tres porquiños
26 de decembro.- Trío Familia Moriatov
30 de decembro.- Ars Combinatoria







9.12.14

Audición 369. Trío Familia Moriatov



Venres, 26 de decembro de 2014
Casa da Cultura
20:15 horas


A peculiaridade deste trío, creado en 1988 en San Petersburgo, reside en que os seus membros están unidos non só pola música senón tamén por lazos familiares. A agrupación deu moitos concertos en España, Portugal, Rusia... Tódolos membros da familia contan con varios CDs gravados.

Valery Moryatov, o pai de familia, toca o violonchelo. Estudou no Conservatorio Estatal de San Petersburgo. Foi gañador do Concurso da URSS (1968). Dende 1974 ata 1992 foi membro por oposición da Orquestra Sinfónica do Teatro de Ópera e Ballet Mariinsky de San Petersburgo. Veu a España en 1992 despois de aprobar as oposicións para a Orquestra Sinfónica de Galicia. Actualmente é Profesor Superior no Conservatorio de Fingoi (Lugo) e Narón. Os seus alumnos lograron varios premios en distintas competicións. Realiza a súa actividade como solista en moitas destacadas agrupacións de música clásica en Galicia. Dirixe o coro de Melide dende 1996. Actualmente é director do recentemente creado Centro Musical “Kalinka” na Coruña.

Irina Moryatovak, a nai, é a pianista. Graduouse no Conservatorio Estatal de San Petersburgo co Premio de Honor. Ofreceu moitos concertos como solista. Dende os 18 anos consagrou a súa vida á ensinanza e os seus alumnos lograron premios en moitos concursos. Actuou en infinidade de concertos de música de cámara. Deu Clases Maxistrais en España e Portugal. Participou en varios Festivais Musicais.

Como pianista colabora ca Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Santiago e Amigos da Ópera. Na actualidade está considerada como unha das pianistas máis destacadas residentes na Comunidade Autónoma Galega. Dende 2006 é profesora do Conservatorio Superior da Coruña por oposición. Fai adaptacións das obras para varias agrupación, xa son máis de cen.

Evgeny Moryatov, o fillo, iniciou os seus estudos de violín ós catro anos. Estudou na Escola Superior do Conservatorio de San Petersburgo; na Escola Raíña Sofía de Madrid co eminente profesor J.L. García Asensio; na Universidade de Toronto co Profesor Emérito de Canadá D. Zafer. Alí desempeñou labor de concertino da Joven Orquesta de Toronto. En 2006 terminou o Master na Universidade Carnegie Mellon (USA) baixo a tutela do concertino da Filharmónica de Pittsburgh Andrés Cárdenas. O mesmo ano gañou un posto entre máis de 5500 opositores para formar parte da Orquestra da Comunidade Valenciana, cuxos directores titulares foron L. Maasel e Z. Metha. Colabora tamén coa Orquestra Sinfónica de Bilbao, Orquestra de Cámara de California (USA) e Filharmónica do Porto como concertino. Logrou primeiros e segundos premios en importantes concursos de corda celebrados en España e Canadá. Deu numerosos recitais e en múltiples ocasións actuou como solista con diversas orquestras sinfónicas e directores tan ilustres como L. Maasel e Y. Menuhin. Diferentes concertos seus foron transmitidos por radio e televisión. Ten varios CDs gravados, entre eles coa música de compositores galegos como A. Gaos e M. Quiroga.

 

PRIMEIRA PARTE



P. TCHAYKOVSKY – SOLO DO “LAGO DE CISNES”
A.VIVALDI – INVERNO OP.8 Nº4, RV 297
- Allegro non molto
- Largo
- Allegro
A. PIAZZOLLA – INVERNO PORTEÑO
F. KREISLER – PEQUENA MARCHA VIENESA PARA VIOLÍN
F. KREISLER – CAPRICHO VIENÉS PARA VIOLÍN
A. PIAZZOLLA – A MORTE DO ANXO


SEGUNDA PARTE


H. MANCHINI – MOON RIVER
W.A.MOZART–F.SAY– FANTASÍA SOBRE A “MARCHA TURCA” PARA PIANO
M. LIDSTROM – TANGO PARA VIOLONCELLO
G. DINICU – CHORA STACCATO PARA VIOLÍN
S. JOPLIN - RAGTIME
F. MÉRCURY – “THE SHOW MUST GO ON”
J. STRAUSS – VALS “AS VOCES DA PRIMAVERA” Op.410



INTÉRPRETES:

EVGENY MORYATOV – VIOLÍN
VALERY MORYATOV – VIOLONCELLO
IRINA MORYATOVA – PIANO